Noticias de Hoy
19143159_1729095543782186_7952355808938444023_o
Fecha: 17/06/2017
Horario: 23:30 a 23:30

Tiruleque Teatro presenta en O Carballiño: Os cornos son cousa de 3

Comeza a obra polas primeiras horas do día. Monifate e Capuccini están almorzando na súa casa, e sofren en carne propia o temperamento de Manolón, cando este accede á casa na persecución de Rosa “A Raposa” que se chanceou de Manolón chamándolle cornudo, a dúo co seu marido, O Cacharelas.

O xenio de can de Manolón será un fito permanente no transcorrer desta comedia, como característica esencial do seu carácter.

Manolón e Marcela rexentan unha taberna de nome “A de Lolo”, situada nunha vila ou barrio periférico dunha cidade. Monifate e o seu amigo, o italiano Capuccini, comparten piso e son clientes habituais da taberna.

Capuccini, que está namorado de Marcela dun xeito que vai entre o platónico e o erótico, pretende conseguir os favores de Marcela, aínda que só sexan espirituais, por medio de eloxios e agasallos. Por outra banda, Monifate, máis carnal e apegado á terra, quere metese directamente na cama con Marcela.

Marcela e Lolo conforman unha parella que se quere, pero Marcela é unha coqueta que, sen dar pé inicialmente ás pretensións de Monifate e Capuccini, mantén acesa a chama das súas paixóns sen cortar de vez as esperanzas dos dous pretendentes, porque no fondo encántalle ser apetecida e que a pretendan.

Certo é que Capuccini e Monifate son amigos de Manolón, e como amigos e clientes, acoden tódolos días a taberna para botar un conto, beber un grolo ou xogar unha partida de cartas co Lolo. Porén iso non empece o feito de que na mesma taberna lle fagan requilorios a Marcela e lle propoñan -sobre todo Monifate- colaborar para poñerlle uns monumentais cornos a Manolón, para o que non dubidan en acudir ós consellos dunha Meiga e servirse dos seus feitizos.

Iso dálle pulo, en especial a Monifate, para aventurarse nunhas proposicións a Marcela, que terán consecuencias imprevistas e que… .