Tilin Tolonia en Ourense
Tilin Tolonia en Ourense
Sesiones:
- viernes, 06 abril 18.00
- viernes, 06 abril 19.00
Duración: 40m, ata 3 anos.
Tilintilonia é un pequeno planeta habitado por Tilín e Tilón, cada unha co seu son. Elas descubrirán un mundo cheo de texturas, cores, sons e fantásticos seres que xorden coa música e onde o aire e a auga se converten en elementos de xogo. Visualmente entramos nun mundo de sensación grazas ás teas, e ao que estas suxiren; son teas que voan e forman parte do vento, ondulan como a auga, queiman coma o lume e acubíllannos coma a terra.