Noticias de Hoy
Cartel A3+
Fecha: 07/01/2018
Horario: 17:00 a 17:00

Teatro: Os tres porquiños en Vigo

Teatro: Os tres porquiños en Vigo

Os tres porquiños é unha obra musical con bonecos a tamaño real. Unha revisión da tradicional da fábula para adaptala aos novos tempos, incluíndo a figura de Xan e Xiana, dous exploradores moi afeccionados aos contos, que se adentran no bosque para coñecer os seus personaxes favoritos. Na súa viaxe, ademais de descubrir a historia, os tres porquiños bailarán ao ritmo das cinco cancións -cantadas en directo- que compoñen o espectáculo, e que teñen unha clara misión didáctica para que os máis pequenos aprendan ou reforcen coñecementos como os números, as cores ou as prendas de vestir.

Elenco

Paulo Medal, Rocío Salgado, Alicia Rodríguez, Ademar Silvoso, Susana Martínez

Musical familiar a partir de 2 anos

Duración 50m