Noticias de Hoy
os golfinhos e o xigante
Localidad: Ourense
Fecha: 19/11/2017
Horario: 12:00 a 12:00

Teatro Os golfiños e o xigante en Auditorio Municipal Ourense

Teatro Os golfiños e o xigante en Auditorio Municipal Ourense

Fantoches Baj traen a Ourense o espectáculo 'Os golfiños e o xigante'.

Na década pasada Bao Si Shun foi considerado polo Récord Guiness o home máis alto do planeta pero a verdadeira sona chegaríalle o día que conseguiu extraer, grazas ao seu longuísimo brazo, dúas boias de piscina do esófago dos golfiños, salvandoos así dunha morte certa. A noticia, publicada en todos os xornais do mundo, chamaba a atención, non tanto por ter salvado os golfiños, que tamén, senón porque amosaba dun xeito moi gráfico a necesidade de aceptar cada un de nos a súa diferenza e de ser aceptados como somos.

Baseada neste feito real 'Os golfiños e o xigante' é unha fábula contada con sombras chinesas a modo de “road movie” onde Jiang, a adestradora do acuario, vai tras as pegadas de Bao Sishun por toda a rexión, obrigada a superar distintos atrancos.

Recomendado para nenas e nenos a partir dos 4 anos.