Noticias de Hoy
Sin título 1
Localidad: Ourense
Fecha: 13/05/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Teatro bebes: Pintamúsica en Ourense

Teatro bebes: Pintamúsica en Ourense

Teatro para bebés a cargo de Viu El Teatre, en dobre función, ás 12 e ás 13h.

O espectáculo é unha viaxe polas estacións do ano e, para cada época, temos unha cor, unha canción e uns instrumentos. Tres músicos, actores e cantantes son os encargados de guiarnos nesta viaxe creativa a través das estacións do ano que nos levan a crear unha adaptación do cadro de Joan Miró “Muller e paxaros na noite”. Unha viaxe sensorial, onde as cores e a música son os protagonistas dunha relaxante experiencia creativa, cunha atmosfera acolledora na que os tres pintamúsicos nos transportarán ao xogo e á diversión. Escoitar, mirar, tocar e crear... 

Recomendado para nenas e nenos ate os 4 anos (aforo reducido a 100 persoas)