Noticias de Hoy
beat D
Localidad: Ourense
Fecha: 17/03/2018

Taller de Beat Maker en Ourense

Taller de Beat Maker en Ourense

Novo curso de Beat Maker en Basquiart impartido por Aser Rodríguez, totalmente compatible cos asistentes ó primeiro curso e perfecto para os que querer iniciarse. O curso consistirá en:
- Explicación do funcionamento e conexión dos diferentes compoñentes para realizar a nosa bases: altofalantes, tarxeta de son, teclado midi, software, etc.
- A importancia do ritmo, análise dos compases máis utilizados e a colocación dos diferentes sons de percusión dentro del.
- Conceptos de tonalidades, escalas, harmonías, así como dos diferentes ritmos que caracterizan un estilo.
- Utilización de plugins, uso de librerías de sons de violíns, pianos, etc.
- Uso e manexo do Software, secuenciadores como Ableton Live e Fruity Loops.
- Traballar por diferente orde as diferentes liñas que forman unha base; como facer unha liña de baixo ou melodía para un ritmo de percusión e viceversa.
- Grabación e secuenciación de instrumentos externos (Guitarra, voz..)
- Sampleo de fragmentos de cancións para utilizar nas nosas bases.
- Ecualización, mastering e exportación das nosas bases en diferentes formatos.

* Todos os programas serán demos orixinais gratuitos que se lles pasarán 
ao alumno, polo que é recomendable que todos leven ordenador e cascos. O profesor aportará para o curso o material para realizalo: ordenador, altofalantes de estudo con resposta plana, tarxeta de son externa, teclado midi, guitarra, micro, etc.

 

beat E