Noticias de Hoy
acrobacia_1516924558
Localidad: Ourense
Fecha: 03/02/2018
Horario: 10:00 a 10:00

Taller de acrobacia en Ourense

Taller de acrobacia en Ourense

TALLER DE ACROBACIA
Imparten Jorge Babarro e Guillermo Porta

DATAS: 3, 10 e 24 de febreiro, 3 e 10 de Marzo 7, 14 e 21 de Abril
5,12 e 26 de Maio e 2 de xuño de 2018.
HORARIO:10:00 A 11:30 E 11:45 A 13:15
IDADES: Nenos/as maiores de 6 anos e Adultos

Taller adicado a todas aquelas persoas interesadas en investigar no seu movemento expresivo en relación coa acrobacia dinámica e estática e aprendizaxe das bases da acrobacia de chan, portés dinámicos, equilibrios e acrobacias en grupo. Non é preciso ter coñecementos, nen cualidades físicas especiais. Traballaremos co noso peso e co dos nosos compañeiros, desenrolando a precisión, axilidade, forza, equilibrio, liberdade de movemento.... Procuramos unha preparación física moi completa para lograr un maior dominio o corpo no espazo. Ao mesmo tempo, insistiremos no traballo postural e na flexibilidade para prever lesións e avanzar tecnicamente. Dunha forma progresiva, explicaremos conceptos de distintas disciplinas acrobáticas, cos seus puntos comúns e as súas diferencias.

Aprenderemos a traballar en equipo e a adaptar o traballo ás potencialidades físicas de cada un, co fin de superarnos como individuos e como grupo. Ensinaremos á asistir ós compañeiros nos diferentes exercicios e a coidarnos entre nós, nun ambiente de confianza e respeito.

É un complemento ideal para outras actividades artísticas como a danza, artes marciais, teatro, deportes...