Noticias de Hoy
Fecha: 29/11/2014
Horario: 09:45 a 09:45

Ruta Vitivinícola pola Ribeira Sacra

Organiza: Concellalía de Xuventude. Concello de Ourense

ABERTO O PRAZO DE INSCRICIÓN para a Ruta Vitivinícola pola Ribeira Sacra o vindeiro sábado 29 de novembro dende ás 09.45 h. ata ás 20.30 h. aprox. Saída do aparcadoiro do Edificio Politécnico do Campus de Ourense.

Ruta no tren turístico pola Ribeira Sacra, visita a adega Peza do Rei (un dos viños que se serviu na Gala da Hispanidade de Obama), xantar nun restaurante da zona e ruta en catamarán para admirar a beleza das cores do outono da Ribeira Sacra. Actividade de balde!!!

Apuntádevos na Praza de San Martiño 2, baixo ou a través do correo electrónico xuventude@ourense.es indicando os vosos datos persoais. Lembrade que esta actividade é para persoas maiores de 18 anos.

Salida: Edificio Politécnico Campus de Ourense