Noticias de Hoy
Fecha: 31/01/2014
Horario: 20:30 a 20:30

Quico Cadaval

Quico Cadaval presenta 'Fantasmas familiares', un espectáculo de narración oral en continua transformación nos últimos anos, acomodándose ás circustancias do momento, ás experiencias persoais do artista e aos terrores mais íntimos do público.

O espectáculo créase a partir de historias da tradición oral galega , historias baseadas en Galicia pero que reflicten temas universais. Polos fantasmas familiares transitan espectros, valentes, milagreiros ,peixeiras, mariñeiros, mitos do rock, líders relixiosos, taberneiras, reis, golpistas, presos, adiviños, sicarios, prostitutas, axentes da orde, industriais, cantores melódicos, gandeiros, mais non é seguro que se aparezan todos.