Noticias de Hoy
poltada i6n15725509
Localidad: Ourense
Fecha: 28/02/2018
Horario: 20:00 a 20:00

Presentación libro: O Trapecista da malla de rombos en Ourense

Presentación libro: O Trapecista da malla de rombos en Ourense

O autor Alberto Canal estará acompañado por:

  • Francisco Álvarez Muradás (compoñente do Circo dos Muchachos)
  • Manuel Bragado (director de Xerais)

Sipnose:

Con dez anos acabados de cumprir, Iupanki soña con converterse no trapecista principal do Circo de los Muchachos. Mais todo se volve na súa contra. Cando coñece a nación de Benposta, o país utópico onde reside a escola do circo e os nenos son quen gobernan, atópase con xente estraña que quere destruír o soño que axudaron a erguer cativos de diferentes partes do mundo. O neno Iupanki, aguilloado polo amor que comeza a sentir pola contorsionista Nuna, decide entón embarcarse na aventura de salvar o circo das gadoupas dos poderosos para asegurar que os artistas da malla de rombos poidan seguir levando a maxia do circo a todos os recunchos do planeta.
Baixo a mirada inocente e soñadora dun neno, " O trapecista da malla de rombos " rende homenaxe á utopía que se fixo realidade en Benposta, a cidade dos rapaces. Un proxecto nacido do compromiso e a ilusión, que pasou a formar parte da memoria colectiva de varias xeracións.

 

portada libro E