Noticias de Hoy
Fecha: 06/04/2018 a 08/04/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Ourencanto 2018

Ourencanto 2018

Ourencanto é unha iniciativa para achegar o mundo coral a todos os mozos de 8 a 18 anos da cidade e da provincia de Ourense. Serán unhas xornadas de participación e convivencia, rematadas con un gran concerto no Auditorio Municipal de Ourense, baixo a direción artística do prestixioso director e compositor Josu Elberdin, quen compuxo, nesta ocasión, para Ourencanto unha melodía coral baseada nunha poesía do pedagogo e escritor ourensán Albino Núñez Domínguez, que será estreada no concerto de clausura.

Dirixido por Josu Elberdin

Director de coros e compositor nacido en Pasaia en 1976. Realiza os seus estudios musicais no Conservatorio de Grado Medio de Pasaia, onde obtén os títulos de profesor de Piano e Canto. É tamén diplomado en Educación Social pola UPV 1997.

A súa música, moi centrada no ámbito infantil, é posta en escena frecuentemente co formato de conto musical.

Ainda que as súas obras son de carácter eminentemente coral, conta cunha gran produción de obras de carácter sinfónico, pop-rock ou instrumental.

Repertorio

Un repertorio coidadosamente seleccionado: divertido, variado, atractivo e adaptado a cada modalidade.

Modalidades

Coro infantil
Para os cantores máis pequenos; agrupación de voces brancas composta por nenas e nenos que aínda non mudaron a voz.

Coro xuvenil
Agrupación de voces mixtas, integrada por mozas e mozos que están mudando ou xa mudaron a voz.

Coro escolar
Agrupacións formadas nos centros de ensino. Non é necesario que conten cunha experiencia previa en canto coral.

Programa

Viernes 6 abril 2018 (En el Conservatorio) 

17h00 Coro voces mixtas

18h00 Coro voces brancas

Sábado 7 abril 2018 (En el Auditorio Municipal) 

10h00 Coro voces mixtas 

12h00 Coro voces brancas

16h00 Coro voces brancas

17h00 Coros escolares

19h00 Coro voces mixtas

Domingo 8 de abril 2018 (En el Auditorio Municipal)

10h00 Coro voces mixtas

11h00 Coro voces brancas

12h00 Coro voces escolares

16h00 Todos

19h00 Concerto de clausura 

Ourencanto rematará cun atractivo concerto aberto ao público, onde os participantes amosarán o traballo feito durante o certame.

Sen dúbida, unha auténtica festa musical de canto coral infantil e xuvenil.

Aclaración:

Coro voces brancas (Voz branca ou voz infantil refirese a voz musical dos nenos e nenas antes da sua pubertad. Una larinxe infantil é máis corta que a dunha muller, y moito máis que a dun varón, polo que as voces brancas son moi agudas)
 

 

Elberdin copia
Cartaz final 2_preview