Noticias de Hoy
fotografia creativa
Localidad: Ourense
Fecha: 19/09/2017
Horario: 13:00 a 13:00

Obradoiro Fotografía Creativa en Ourense

Obradoiro Fotografía Creativa en Ourense

OBRADOIRO de FOTOGRAFÍA CREATIVA
A partir do vindeiro martes 19 de setembro, no Centro Cultural Marcos Valcarcel de Ourense o fotógrafo Víctor Barro impartirá o seu Obradoiro de Fotografía Creativa por oitavo ano consecutivo na cidade.

“O Obradoiro” fotográfico é un espazo formativo e creativo que ten como obxectivo espertar o fotógrafo que temos dentro de cada un de nos, de mobilizar a túa creatividade e mellorar as túas imaxes. Dende o punto de vista da mensaxe visual e da composición. 

O taller de fotografía creativa é un lugar no que practicar, perder medos, no que “re-aprender a mirar” con ollo fotográfico a cidade na que vives, as paisaxes que visitas, as persoas que te rodean.

Se es principiante, a túa cámara será a ferramenta que te abrirá a porta para ver o mundo doutro xeito. Se xa tes experiencia, este obradoiro será un reto creativo e de enriquecemento para empuxar máis alá dos seus límites a túa zona de confort. 

Todo o que precisas é unha cámara dixital e entusiasmo para mellorar e crecer como fotógrafa-o.

    Propóñote:

- Espertar a túa creatividade e paixón pola fotografía como técnica artística de expresión de mensaxes.
- Dar a coñecer e ensinar a utilizar con fluidez conceptos e ferramentas que te permitan crear mellores imaxes, cautivadoras, cheas de mensaxe.
- Crear un espazo de intercambio e mellora que perdure máis alá do obradoiro.

DATOS PRÁCTICOS
Taller práctico de 12 horas
Martes e xoves 19, 21, 26 e 28 de setembro.
De 18.30 a 21.30h
 
No Centro Cultural "Marcos Valcárcel"
 
Prezo 50 €
Imparte: Víctor Barro - telf. de contacto: 659655734

PARA INSCRIBIRTE

Envia nome completo, teléfono e mail a "victor.barro@fotosconletra.com"

+ INFO no enlace

Tamén o programa completo do "outono fotográfico"

 

 

fotografia creativa E