Noticias de Hoy
 o libro maxico migallas teatro
Localidad: Ourense
Fecha: 25/03/2018
Horario: 13:00 a 13:00

O libro máxico - Teatro Migallas en Ourense

O libro máxico - Teatro Migallas en Ourense

Duración: 70m, a partir de 4 anos

Rosiña é unha nena que ten que quedar soa na casa mentres os pais van a unha reunión. Como ten algúns problemas para rematar os deberes decide investigar nun baúl onde o pai gardou moitos trebellos que non se manchasen coa pintura, pois está pintando a casa. Alí atopa un libro vello e ponse a ler nel. Tras as primeiras liñas empezan a pasar cousas estrañas e Rosiña, os seus amigos, e o público, mergúllanse na aventura de piratas que está escrita no libro.

Máis tarde os rapaces e rapazas irán en procura da lámpada marabillosa que esqueceu un xenio en Arabia; actuarán na pista dun circo acompañados por un can pallaso e conducirán unha nave espacial por galaxias descoñecidas.

Elenco

Carlos Yus, María Campos