Mozart: Vida y obra impartido por Faustino Nuñez en Ourense

Fecha 29-11-2017
Hora 19:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Mozart: Vida y obra impartido por Faustino Nuñez en Ourense

Neste curso de tres sesións dunha hora e media repasaremos a vida do xenial compositor de Salzburgo Wolfgang Amadeus Mozart, mentres comentamos as obras máis representativas de cada época. A singularidade do talento mozartiano desde a perspectiva da súa intensa vida e as obras que marcaron para sempre a historia do clasicismo vienés e da música en xeral.
A música instrumental e a vocal, os concertos, cuartetos e sonatas, as cancións, misas e óperas, un percorrido polo apaixonante ciclo vital do compositor austriaco máis recoñecido. Todo iso á vez que debuxamos a sociedade da época, a música que forxou a súa personalidade baixo a atenta mirada do seu pai Leopoldo, as súas desavinzas co cardeal Colloredo na súa época salzburguesa, e os altibaixos dos seus anos na corte vienesa, os triunfos e desenganos, ata a súa morte prematura. Unha vida dedicada en corpo e alma á súa única paixón, a música.
As sesións estarán ilustradas con audicións das súas obras máis destacadas, para axudarnos a comprender mellor o seu persoal estilo e a influencia que exerceu entre os seus contemporáneos e as xeracións que lle sucederon. Tamén se proxectarán algúns fragmentos en vídeo. Todo iso explicado de forma comprensible, fuxindo de tecnicismos e facéndoo alcanzable a todos os públicos.

Día 1: A forxa dun rebelde (1756 – 1780)
Día 2: Viena, a terra prometida (1781 – 1784)
Día 3: Ascenso e ocaso dun mestre (1785 – 1791)

Profesor: Faustino Núñez (musicólogo)

 

 

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×