MITEU 2018 de Ourense

Fecha 12-04-2018 a 28-04-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Miteu 2018 de Ourense. Festival de teatro universitario.

A cidade de Ourense acollerá dende o 12 de abril  hasta o 28 de maio a celebración da Mostra Internacional de Teatro Universitario – MITEU 2018, que alcanza a sua edición número 23.

A Mostra de Teatro é a culminación da actividad da Aula de Teatro Universitaria e un factor dunha intervención social e cultural de gran importancia na cidade de Ourense. Por iso, e nun marco universitario que está ofrecendo unha panorámica internacional dos autores, directores e intérpretes do século XXI, o debate, a formulación de interrogantes e respostas, a explicación de maneiras de enfrentar os traballos, a clarificación de contextos sociales (especialmente nos grupos de fora da Península e cunha ollada especial a aquelos países en conflicto) sirven para os artistas-estudiantes, para os profesionais e para os espectadores. Hai que ter en conta que estamos vendo, en moitos casos, os intérpretes e directores que rexirán o teatro dos próximos anos. Trata, en definitiva, de potenciar o intercambio artístico e humano entre actores universitarios e profesionais galegos, da Península Ibérica e de fora de ela. E, a carozo de esto, en un tempo concentrado entre a inauguración e a clausura, acercar historias e maneiras de contalas diversas a Ourense e a sua Universidade.

Programación Miteu 2018 de Ourense.

Xoves 12 de abril 2018

19’00 EN RÚA DO PASEO
GRUPO: ROSAURA, AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA  DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Sen pés nin cabeza

DURACIÓN: 55 MINUTOS 
TARIFA: LIBRE

A nosa sombra acompáñanos, sabe de nós e móvese en sixilo, en perfecta sincronía. No espello: brazos e cabeza, pernas e tronco reflicten seres incompletos froito da desconexión co contorno, cos outros, co futuro incerto. Quizais sexamos manequíns en perfecta desorde. Onde está o meu pé, onde a miña cabeza?


Os inocentes

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: PRODUCIÓNS TEATRAIS EXCÉNTRICAS. QUICO CADAVAL (GALICIA) 
ESPECTÁCULO: Os inocentes

DURACIÓN: 90 MINUTOS 
TARIFA: 5 € 

Unha noite, nunha taberna desvéndase un segredo gardado 36 anos, a chegada dun sinistro forasteiro precipita a revelación. Manoel, o máis anodino dos clientes d’A Carrilana, fora o protagonista dunha historia conmovedora na guerra do 36. Ao rapaz da taberna médranlle as orellas, e sabe cousas que non debía saber aos seus anos. Ao longo das evocacións desta personaxe descubrimos unha estirpe esquecida nas guerras: Os Inocentes.


Venres 13 de abril 2018

Os sapatos

20’30 NO AUDITORIO
GRUPO: CITAC (PORTUGAL. COIMBRA)
ESPECTÁCULO:Os sapatos

DURACIÓN: 60 MINUTOS 
TARIFA: 3 € (Aforo reducido)

Dúas vellas descalzas, unha vestida de negro, outra vestida de branco”. Unha bailarina: o momento exacto antes da fin da vida. Un pianista diluído nun camiño interrompido. Un empurrón que transforma e revela. A felicidade de sermos un todo: feminino & masculino; vigorosos & delicados. De ter un corpo e dúas almas. De ser gozosa a transformación. Todos somos pedazos deste universo cuxos brazos extensos arrastran outros corpos pola corda do tempo. Un tempo que prende, amola e transforma. Seres mitolóxicos e personalidades dentro de zapatos. Zapatos que nos dominan, que nos abren camiño entre a multitude. Un armario. Solitario. Que zuga, devora e cospe.


23’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: CORDELIA. AULA UNIVERSITARIA DE OURENSE(GALICIA)
ESPECTÁCULO: A nosa cociña

DURACIÓN: 50 MINUTOS 
TARIFA: 3 €

Se o mundo está cheo de cociñas, como dicimos aquí, non te podes atopar máis que con porcos… Penso cara onde camiña o ser humano e no que un fai para arranxar o mundo… Miro esta cociña, ou penso nas fábricas ou en todas esas cantidades de edificios que se levantan aquí e acolá, con todas esas oficinas e toda esa xente dentro e dígome: Meu Deus, xa está ben, non? Xa está ben.


Sábado 14 de abril 2018

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE HUELVA (ANDALUCÍA)
ESPECTÁCULO: Sueño noche-verano #amorromanticoporuntubo

DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 3 € 

Eliximos o Soño dunha noite de verán como guía de traballo porque Shakespeare segue ofrecéndonos coma poucos un retrato impecable da condición humana. A partir dos conflitos que formula o texto orixinal, xurdiron moitos temas que o grupo quería abordar: cuestións de xénero coa trampa do amor romántico e o machismo como pezas claves, normas ás que nos somete a sociedade e como trasgredilas para fuxir delas e vivir en realidades artificiais que confunden a realidade co soño, ás veces mediante o uso das drogas. Problemas interxeracionais, de amizade, de parella… 
Sen esquecer que o Soño dunha noite de verán é unha comedia, unha deliciosa comedia que, ademais de reflectir as nosas grandezas e miserias, fainos rir e sorrirnos.


23’00 NO AUDITORIO
GRUPO: DANZA UNIVERSITARIA (GALICIA)
ESPECTÁCULO: 8º Encontro de danza interuniversitaria

DURACIÓN: 75 MINUTOS 
TARIFA: 3 €

DIRECCIÓN DO ENCONTRO DE DANZA: BEGOÑA CUQUEJO (TRASPEDIANTE)
COLABORA: CORPO ATERRA

Coreografías creadas por grupos de danza galegos, universitarios ou con vocación docente. A nova danza galega.


Domingo 15 de abril 2018

18’00 NO AUDITORIO
GRUPO: GEPPETTO. AULA DE TEATRO INFANTIL DE OURENSE(GALICIA) 
DEMOSTRACIÓN DE TRABALLO: (Du)as viaxes de Gulliver

DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Espectáculo construído tomando algunha das viaxes de Gulliver para ofrecer unha sorprendente peza chea de xogos, imaxes e personaxes incribles que farán que as nenas e nenos vivan a fantasía e o divertimento pero que tamén quede neles o pouso da sátira sobre a natureza humana que fai o autor do texto orixinal.

 


19’00 e 20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: COMPAÑÍA DE TEATRO USC. LUGO (GALICIA) 
ESPECTÁCULO: Wk

DURACIÓN: 65 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Había unha vez un pobre neno que non tiña pai nin nai, todos morreran e xa non quedaba ninguén no mundo. Morreron todos. El deu en chorar día e noite. E como xa non había ninguén na terra quixo ir ao ceo, e a lúa era un anaco de madeira apodrentada. Entón foise ao sol e, cando chegou, era un xirasol seco, e cando chegou ás estrelas, estas eran pequenos mosquitos de ouro que estaban prendidos como os prende o alfaneque no abruñeiro, e cando quixo volver á terra era unha pota ao revés e estaba completamente só, entón sentou e empezou a chorar. Aínda segue sentado e está completamente só.


Luns 16 de abril 2018
 
20’30 NO AUDITORIO
GRUPO:TEATR’UBI e ASTA TEATRO (PORTUGAL. COVILHÃ)
ESPECTÁCULO: A-norma-is

DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 € 

Pérdense xestos, cartas de amor, maletas, parentes
Pérdense voces, cidades, países, amigos
Romances perdidos, obxectos perdidos, historias perdidas.
Pérdese o que fomos e o que queriamos ser.
Pérdese o momento, mais non existe perda, existe movemento.


Martes 17 de abril 2018

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: GRUPO DE TEATRO DE LA UPNA (NAFARROA)
ESPECTÁCULO: Superhéroes de barrio

DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Jordi Gomar, o autor desta obra, di que “ás veces ten pouco de comedia e nada de musical”. Pero entre nós, non nos volvamos máis tolos e imos deixalo en comedia musical… así, sinxelo.
Nove personaxes que, en definitiva, son coma ti ou coma min: frustracións idénticas, os mesmos medos e desexos parecidos.
Eles tiveron a sorte de dar cun psicólogo que lles axudará a entender que o mellor que podemos ser, ás veces nace do que consideramos peor en nós mesmos.
E vós tivestes a sorte de dar con nós. Así que, veña, imos facer un pouco de terapia.


Mércores 18 de abril 2018

20’30 NO AUDITORIO
GRUPO: CONTRAPRODUCIÓNS SL (GALICIA) 
ESPECTÁCULO: O tolleito de inishmaan

DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Jordi Gomar, o autor desta obra, di que “ás veces ten pouco de comedia e nada de musical”. Pero entre nós, non nos volvamos máis tolos e imos deixalo en comedia musical… así, sinxelo.
Nove personaxes que, en definitiva, son coma ti ou coma min: frustracións idénticas, os mesmos medos e desexos parecidos.
Eles tiveron a sorte de dar cun psicólogo que lles axudará a entender que o mellor que podemos ser, ás veces nace do que consideramos peor en nós mesmos.
E vós tivestes a sorte de dar con nós. Así que, veña, imos facer un pouco de terapia.


22’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: LEO BASSI (ITALIA) 
CONCERTO: El último bufón

DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 10 €

Cando marchei do circo, nos anos setenta, quería fuxir daquilo no que se convertera: Espectáculos infantís cheos de tradicións e convencións baleiras. Dentro de min, tiña fame de algo máis grande, máis esencial e excitante. Necesitaba provocacións, loitas políticas, unha arte necesaria e emocionante.
Sei agora que lonxe de ser unha ovella negra, un revolucionario da pista, o meu instinto provocador estivo inspirado polo mesmo espírito libertario que movía aos meus antepasados. Fronte ao ríxido sistema de clases que dividía a sociedade, o circo clásico era un lugar onde a xente de abaixo, os obreiros, os campesiños podían liberarse e abrirse novos camiños na vida, eran heroes populares que demostraban que con esforzo físico, determinación intelectual e moito sentido do humor, os pobres podían salvarse. 
Quizais máis que o socialismo mesmo, o mundo circense era a encarnación en clave utópica da esencia filosófica do Século das Luces. 
Por nacer na última xeración do circo tradicional e telo coñecido desde dentro, na súa verdadeira narrativa dentro da historia, creo que podo en certo xeito considerarme: O Último Bufón. Non é só un espectáculo, é ademais unha volta consciente ás responsabilidades éticas da miña estirpe.
É un levantamento popular bufonesco contra a tiranía de hoxe e de sempre.


Xoves 19 de Abril 2018

19’00 NO CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN
GRUPO: ALUMNAS E ALUMNOS DO CURSO DE JAVIER VALENCIA (PERÚ) 
ESPECTÁCULO:Mostra de traballo do curso

DURACIÓN: 20 MINUTOS
TARIFA: Libre


20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE SANTIAGO (GALICIA) 
CONCERTO: Pasar por Nida

DURACIÓN: 64 MINUTOS 
TARIFA: 3 €

“É unha estrada interminable que busca o horizonte, unha recta infinita de asfalto que atravesa o país dun extremo ao outro e que, coma min, parece buscar na distancia un lugar onde chegar.” 

 


Venres 20 de abril 2018

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: ASOCIACIÓN CULTURAL ANAQUERONTE (PERÚ. AREQUIPA) 
ESPECTÁCULO: Caja de sueños

DURACIÓN: 75 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A obra Caja de sueños presenta un actor, Manuel, que espera a un público pero xa non quere actuar, non sabe actuar, só quere contarnos algunhas historias que creou ou que quixo facer “onde se mostra a loita na escuridade dun home polos seus soños”. Así, van aparecendo personaxes marxinais como o poeta mendigo, esquecidos como a señora vendedora de flores, algúns cheos de tenrura como o neno zapateiro e varios personaxes que van habitando o espazo que crea este actor, Manuel.


23’00 NO AUDITORIO
GRUPO: AULA DE TEATRO DE LA UNIVERSIDAD DE BURGOS(CASTILLA Y LEÓN) 
ESPECTÁCULO: Ya no volveré

 

DURACIÓN: 90 MINUTOS 
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Desde que comezou o século XXI, máis de 30.000 persoas acabaron os seus días nas augas do Mediterráneo tentando chegar á vella Europa. A escala de desprazamentos humanos debidos á guerra, a pobreza, a fame, as enfermidades, a falta absoluta de proxecto de vida, é imparable e superior ás vividas en toda a historia da humanidade. Os gobernos, que en parte son os responsables dos conflitos que provocan este éxodo, non son quen de dar solucións ao drama que se desenvolve en millóns de persoas á deriva dos camiños e das fronteiras tentando acadar un lugar onde poidan establecerse e levar unha vida digna.

Sábado 21 de abril 2018

19’00 NO CAMPUS. SALA PARDO BAZÁN
GRUPO: LA RED TEATRO (EUSKADI)
ESPECTÁCULO: El oxímoron de la abuela

DURACIÓN: 80 MINUTOS 
TARIFA: 3 €

A avoa decidiu gardar as pasaxes tráxicas da súa vida na habitación hermética do silencio. Pero o silencio fala; non cala; ten fisuras polas que se derraman palabras e esbozos de lembranzas. Son anacos cos que se poden construír historias. Deste xeito, a través dos diálogos duns netos ficticios, Javier e Laura, conseguín levar a texto teatral partes da vida de Pepe, o Tolo, que non o puido contar, e de María, A Paisana, a avoa que non o quixo contar. Unha historia máis de xentes que, a pesar da derrota e o escarnio que sofren, son quen de sacar o mellor dos seres humanos. Diso trata El oxímoron de la abuela, unha proposta para teatro que, de xeito antolladizo, se sitúa na atalaia do partido de fútbol España-Holanda, como humilde homenaxe aos derrotados da guerra civil.


20’30 NO AUDITORIO
GRUPO: COMPAÑÍA MANOLO ALCÁNTARA (CATALUNYA) 
ESPECTÁCULO: Rudo

DURACIÓN: 60 MINUTOS 
TARIFA: 5 €

Rudo trata sobre as persoas que conviviron coa rudeza, o esforzo físico e os retos persoais levados a un extremo absurdo. No espectáculo, un home rudo crea torres e figuras con pesadas caixas de madeira. A fraxilidade das construcións sobre as que se alza, para facer precarios equilibrios, son froitos do desexo e da ilusión.
A música en directo (violín e violonchelo) fai de lírico contrapunto ao esforzo titánico do personaxe, que rosma, súa e non decae no seu delirio.
En Rudo o espectador atópase atrapado dentro dun espazo íntimo, nunha grada que semella estar a piques de caer, coma o protagonista cos seus equilibrios. Esta proximidade coa pista convida a compartir os perigos e arelas da vida.
Íntimo, precario, arriscado e tenro.


Domingo 22 de abril 2018

19’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: TEATRO EL MAYAL – ULE (CASTILLA Y LEÓN) 
ESPECTÁCULO: Aquí en la tierra

DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Hai unha mensaxe que chega cada tanto tempo a esa periferia interior que é AQUÍ. Unha reserva onírica, un mundo estraño no que se mesturan a falta de esperanza, a rabia contida e o hedonismo. O mensaxeiro é o último fío que une dous mundos irreconciliables. Pero hai unha complicidade dos contrarios que sempre acaban pagando os inocentes. 
Aquí en la tierra é unha traxicomedia do outro mundo. Unha distopía na que as xentes sen futuro dan renda solta aos seus instintos máis básicos. O espectador vai descubrindo, en clave policíaca, que se agocha baixo a aparente sensibilidade de quen mantén as tradicións, tralas bondades do bo salvaxe, na arcadia feliz das nosas orixes… Descubrilo pode ferir a nosa sensibilidade.


20’30 NO AUDITORIO
GRUPO: TEATRO ART’IMAGEM (PORTUGAL. PORTO)
ESPECTÁCULO: Um punhado de terra

DURACIÓN: 60 MINUTOS
TARIFA: 3 € (AFORO REDUCIDO)

Um Punhado de Terra conta a historia de un negro traído de África para Portugal como escravo e describe, en primeira persoa, como chegaron á súa aldea os homes brancos e destruíron os seus bens, mataron á súa muller e fillos e aos seus veciños, trouxérono como gando nun barco, vendérono e escravizárono, retirándolle todos os dereitos dun ser humano. Unha testemuña acre, escrita e representada nunha linguaxe poética que mestura imaxes poderosas nun portugués precozmente aprendido ao son do látego e dos traballos forzados, coa visión inocente e non comprendida do mundo civilizado, maldecindo a todos os que lle fixeron mal e que só ten para lle ofrecer, se quere continuar a ser un home, un puñado de terra para se libertar…


Luns 23 de abril 2018

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL 
GRUPO: LA LÍQUIDA (ANDALUCÍA) 
ESPECTÁCULO: Hambre

DURACIÓN: 90 MINUTOS
TARIFA: 5 €

HAMBRE: Música, teatro e gastronomía para encher espíritos, estómagos e conciencias… Unha divertidísima e sorprendente proposta multidisciplinar polas necesidades máis primitivas do ser humano que parte da máis famenta das novelas: El Quijote.
Aí está todo, aí está a vida, a fame e as fames que atravesan a obra cervantina sen piedade.
No século de ouro -e século da fame- os cómicos da legua tocaban música e contaban historias mentres o público comía e bebía durante a representación. Non cambiamos tanto. Propoñemos unha marabillosa viaxe cargada de humor para confirmar iso de que o riso é o alimento da alma e que a cultura é o único que nos pode salvar. Gocen.


Martes 24 de abril 2018

19’00 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: AULA DE TEATRO DA UNIVERSIDADE DE VIGO (GALICIA)
ESPECTÁCULO: Paraíso

DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Vidas que converxen con outras e cambian de dirección, que se xuntan e se separan. Desde Adán e Eva estamos condenados a entendernos, a buscar en alguén un algo que nos aplaque a ansia, que nos libere da soidade, do medo, que nos achegue á felicidade, á calma… Que nos axude a pasar coa menor sensación posible de fracaso por este “Paraíso Terreal”.


20’30 NO AUDITORIO
GRUPO: ETM. (ESPAZO DE TEATRO E MANAGEMENT (MARROCOS. TÁNGER)
ESPECTÁCULO: El istmo

DURACIÓN: 45 MINUTOS
TARIFA: 3 €

É a fin do mundo e de toda a vida na terra. Catro persoas foron elixidas por casualidade para voltar á vida e ter unha segunda oportunidade para corrixir os seus erros, pero primeiro deben ver toda a súa vida fronte a elas. A muller quererá regresar a un mundo masculino, onde a ela sempre a trataron con desprezo e inferioridade? Espectáculo en lingua árabe con fragmentos en español (voz en off) para comprender a historia.


Mércores 25 de abril 2018

21’00 NO AUDITORIO
GRUPO: PALIMOCO TEATRO (GALICIA) 
ESPECTÁCULO: Medea, salvaxe?

DURACIÓN: 60 MINUTOS 
TARIFA: 3 €

Moitas son as reelaboracións que o mito experimentou nas mans dos autores clásicos, medievais e modernos, pero se hai algo que todas teñen en común sería o feito de que invariablemente a heroína debe enfrontarse con férreos dilemas e tomar decisións que resultarán fatais para o curso da súa vida e tráxicas tamén para quen a arrodea. A nosa proposta é un convite para entrar no tempo pasado cunha nova actitude, dubidar da estereotipia, evitar os prexuízos, refutar as vías inmutables e escoitar. Queremos contar a súa historia dende unha ollada diferente e actual, trazando o retrato dunha muller entre dous mundos –estranxeira aquí e acolá- que trata de afirmarse no medio da incomprensión e o receo dos habitantes da cidade onde emigrou. “Fixeron de cada un de nós o que necesitaban. De ti, o heroe e de min a muller perversa”.


Xoves 26 de abril 2018

20’30 NO AUDITORIO, SALA AZUL
GRUPO: DADO (CANADÁ / ALEMAÑA) 
ESPECTÁCULO: Waiting for Dado

DURACIÓN: 50 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Un espazo no tempo onde as caixas de música cobran vida, os obxectos inanimados bailan e unha banana pode cantar. O tempo diminúe a medida que o teatro se enche de risos e o público está anisoso por quedar e xogar. Comedia física poética, danza e maxia.


23’00 NO CAFÉ AURIENSE
GRUPO: TANDUB (GALICIA / MARROCOS) 
ESPECTÁCULO: Concerto

DURACIÓN: MINUTOS
TARIFA: Libre (PAGO CONSUMISIÓN)

Fusión de músicas reegae, gnawa, dub e electrónica.


Venres 27 de abril 2018

20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO: ÑA DJINGÖ (GUINEA ECUATORIAL) 
ESPECTÁCULO: Ngoan Ntangan. Dos mundos que se tocan (Manoliño Nguema)

DURACIÓN: 70 MINUTOS
TARIFA: 3 €

Ngoan Ntangan, un baile tradicional Fang, unha máscara con tres rostros onde se deducen as tres enerxías coas que funcionan as persoas: o que somos, o que amosamos e o que os demais ven de nós. Baixo esa premisa tres actores de distintas xeracións contan a vida de Marcelo Ndong, alias Manoliño Nguema, o pai do teatro moderno de Guinea Ecuatorial, que se formou en La Ciudad de los Muchachos en Bemposta (Ourense)
Unha viaxe persoal e creativa que o levará desde a Guinea postcolonial e a España do final dos anos 60 ata a actualidade reflectindo os lazos históricos e culturais que unen os dous países.


23’00 NO AUDITORIO
GRUPO: YLLANA (MADRID) 
ESPECTÁCULO: 666

DURACIÓN: 80 MINUTOS
TARIFA: 10 €

Cuatro temibles convictos chegan ao corredor da morte 
para ser executados.
A adaptación destes convictos á súa nova situación, a irritante convivencia entre eles, as súas relacións cos gardiáns e as desastrosas execucións ás que son sometidos desencadearán unha serie de escenas dantescas, incontrolables e disparatadas, convertendo o corredor da morte nun improvisado inferno.
En 666 Yllana imprime unha dose máis elevada de humor negro, absurdo e mordaz ao seu habitual traballo cómico visual para amosar, sen palabras, o lado máis escuro e sinistro do ser humano.
Entra neste macabro mundo, onde non haberá salvación ningunha para ninguén. Nin sequera para o espectador.


Sábado 28 de abril 2018

20’00 NO TEATRO PRINCIPAL 
CLAUSURA DA XXIII MITEU
Entrega de Premios do Xurado e do Espectador «Carlos Couceiro e Begoña Muñoz» 
e Premio á Mellor Resolución Técnica «Suso Díaz»

ENTREGA DOS PREMIOS DO XURADO E DO ESPECTADOR “CARLOS COUCEIRO E BEGOÑA MUÑOZ” DA XXII MITEU

XURADO: composto por Cristina Ponce, José María Gómez, Héctor Martínez, Matilde Vázquez, Marcos Vázquez, Ánxeles Álvarez

ENTREGA DE PREMIOS Á MELLOR RESOLUCIÓN TÉCNICA “SUSO DÍAZ” DA XXII MITEU
XURADO: composto polos técnicos do Auditorio e do Teatro Principal

ENTREGA DO PREMIO DA ORGANIZACIÓN DA MITEU


20’30 NO TEATRO PRINCIPAL
GRUPO:MARICASTAÑA. AULA DE TEATRO UNIVERSITARIA DE OURENSE (GALICIA)
ESPECTÁCULO: As ondas das pedras no río

DURACIÓN: 88 MINUTOS
TARIFA: 3 €

A vida de dous xemelgos nun mundo onde non se debe transgredir a historia. Onde non se pode pensar o impensable e onde o impensable, polo tanto, non debe suceder. Un contexto social exacerbado pola miseria económica e moral, que tantas veces van xuntas. Relacións de parella truncadas aquí e na outra parte do mundo que acaban empurrando cara un final non desexado. O amor maternal, con erros, con brusquedades, onde as pequenas cousas poden facer que aletee unha bolboreta negra no noso corazón ou que nos sintamos arroupados no medio dun gran trebón. O presente é froito dun pasado marcado na pel e nos espíritos, entrelazado por pequenas cousas, alegrías efémeras, momentos únicos e irrepetibles, como o xiz no encerado ou como as ondas das pedras no río. Ese pasado que volve constantemente á mente dos seres danados ata a loucura, un pasado que pesa no reencontro dos que se despediron sendo nenos e agora son adultos, a lembranza dos feitos que cambiaron para sempre as súas vidas O libro de Arundhati Roy, O deus das pequenas cousas, soñado en escena por Maricastaña.


INFORMACIÓN: 
ENTRADAS Á VENTA PARA TODOS OS DÍAS DESDE O 1º DÍA EN CADA UN DOS ESPAZOS PARA OS ESPECTÁCULOS QUE SE REALIZAN NESE ESPAZO. 
NO TEATRO PRINCIPAL 2 horas antes das funcións
NO AUDITORIO 2 horas antes das funcións
NO CAMPUS 1 hora antes das funcións

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×