Noticias de Hoy
fito
Localidad: Ourense
Fecha: 09/10/2017
Horario: 21:30 a 21:30

FITO: Os cans non comprenden a Kandinski de Avelina Perez en Ourense

FITO:  Os cans non comprenden a Kandinski de Avelina Perez en Ourense

Festival Internacional de Teatro en Ourense
FICHA ARTÍSTICA E TÉCNICA
Dirección e Dramaturxia: Avelina Pérez
Elenco: Avelina Pérez (a actriz), Daniel Casquero (o espectador)
Iluminación: Daniel Casquero
Fotografía: Martín Pol
Espazo sonoro: Construído desde las Esculturas Sonoras de Alberte Pagán
Deseño gráfico: Nadina Bértolo

Sinopse
Os cans non comprenden a Kandinsky é un berro sucio. Un paseo pola banalidade. Unha viaxe pola non poesía. Pola non teatralidade. Pola non beleza. É a acción desganada e ridícula. A inacción desganada e ridícula como alternativa. A busca dos lugares elevados desde a merda. É fealdade. Escuridade. Se non hai acción non hai teatro, que dicía Aristóteles ou algún director que coñecín unha noite nalgún pub de capital de provincia. Se non hai acción non hai teatro, berraba borracho. E eu coreaba que si, que se non hai acción non hai teatro. Pero as cousas son como son e hoxe retráctome. Hoxe quedo así, aquí, quieta. Sen facer nada. Vostede pode seguir a mirar para min. Un consello: mire sen esperanza.

A compañía
Formada en Interpretación na Escola Santart de Santiago de Compostela e Titulada en Dirección escénica e dramaturxia na ESAD de Galicia. Directora e dramaturga de Vaguedás e A que non podes dicir cocacola?, que tamén interpreta, da Compañía Teatro do Lume e Gañaremos o pan coa suor da túa fronte, da Compañía Tripalium. Dirixe durante catro anos o Grupo Intercultural de Teatro do Milladoiro, e Os obradoiros de Teatro para Mulleres, de Porto do Son.

dia 9 ico