Noticias de Hoy
zoon_politiko
Localidad: Ourense
Fecha: 23/02/2018 a 01/04/2018

Exposición Zoon Politikon en Ourense

Exposición Zoon Politikon en Ourense

A artista ourensá Tareixa Taboada presenta Zoon Politikon no Museo Municipal, unha exposición composta por medio cento de obras nas que podemos atopar retratos, escenas circenses, bronces da Iberia e mesmo un misterioso asasinato por resolver. 

Inundada de cromatismo, con tons fortes e vivos, Zoon Politikon preséntase coma unha exposición interactiva.

Na primeira planta do Museo atopamos a galería “freak show”, unha homenaxe aos personaxes circenses que, no seu momento, foron exhibidos con crueldade, pero que atesouraban un gran interior. Pero tamén está a “Iberia”, un conxunto de óleos e bronces que nos levan ao século III a.C. Pasados polo filtro da artista. Na segunda planta, un “Asasinato sen resolver”, unha forma de que os visitantes consideren o Museo un lugar divertido e un reto a través da arte. Porque esta, en palabras da artista, “debe ser humana, sensible e pasional”.

zoon_politiko