Noticias de Hoy
tierra de hombres_1516270242
Localidad: Ourense
Fecha: 20/01/2018 a 15/02/2018

Exposición Unha viaxe solidaria e creativa en Ourense

Exposición Unha viaxe solidaria e creativa en Ourense

38 artistas galegos, maioritariamente ourensáns, coordinados polo artista Paco Ascón, participan dunha forma totalmente solidaria e desinteresada nesta mostra. Sensibles e concienciados coas necesidades dos máis desfavorecidos, únense para apoiar e dar continuidade ao programa "Viaxe Cara á Vida", que leva a cabo a Fundación Tierra de hombres, e que fixo posible nos últimos anos que 98 nenos e nenas procedentes de países africanos, fosen operados de graves enfermidades, de forma altruísta, polos equipos médicos de Galicia (Hospital Materno Infantil da Coruña e Grupo Hospitalario A Rosaleda de Santiago de Compostela e Hospital Clínico de Santiago).
 
As obras, moitas delas cunha temática social, serán vendidas ao prezo de 150 euros, que irán integramente para o financiamento dos gastos que se orixinan ao trasladar e coidar na súa estancia no noso país a estes nenos e nenas.