Noticias de Hoy
Fecha: 16/04/2021 a 30/04/2021
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición #SonÁrbore

O vindeiro venres 16 de abril de 2021, ás 19:00 horas, abre a exposición fotográfica no Liceo de Ourense sobre a figura da árbore na nosa cidade.

Esta exposición, de interese divulgativo, conta coa participación de máis de 15 fotógrafos e unha documentalista da provincia.

Debido ás limitacións actuais pola situación de alerta sanitaria, realizaremos un acto público de apertura a través da canle de YouTube (bit.ly/SonArboreYT).

A exposición atópase no @liceodeourense e estará aberta ao público ata o 30 de abril.