Noticias de Hoy
galicia de nos a nos nosweb 368x320
Fecha: 24/02/2021 a 18/04/2021

Exposición Galicia, de Nós a nós

O centro cultural Marcos Valcárcel acolle a exposición Galicia, de Nós a nós, que se poderá visitar ata o 18 de abril.

Galicia, de Nós a nós reúne máis de 300 pezas na mostra máis completa e ambiciosa sobre a Xeración Nós e convértese nunha das citas culturais imprescindibles. Exhibe obras procedentes de Francia, Alemaña e Portugal que poñen o foco nas conexións internacionais da revista e dos seus impulsores, abrindo unha vía para subliñar a dimensión de universalidade e apertura da cultura galega. Tamén para destacar o legado do grupo de intelectuais galeguistas que contribuíron decididamente nas primeiras décadas do século XX ao desenvolvemento, renovación e internacionalización da lingua e da cultura galega.