Noticias de Hoy
Follas de Sempre
Localidad: Ourense
Fecha: 13/06/2017 a 30/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Exposición 'Follas de sempre' e 'Follente Bemil' en Ourense

Exposición 'Follas de sempre' e 'Follente Bemil' en Ourense

Antón Lamazares (Maceira, Lalín, Pontevedra, 1954) segue sendo, na actualidade, un dos pintores galegos con maior proxección internacional. Influenciado polas vangardas, viviu en Nova York, París, Madrid ou Berlín. A contorna rural que marcou a súa infancia na comarca do Deza, deixa unha profunda pegada na súa obra. O seu interese pola poesía e a súa relación de amizade cos poetas, son dous constantes no seu universo creativo. A súa obra expúxose nos museos máis importantes de España e en galerías internacionais de referencia, formando parte dos fondos de grandes centros de arte como o Museo Nacional Reina Sofía, o Centro Galego de Arte Contemporánea, o Museo de Arte Contemporánea de Madrid ou o Museo Marugame Hirai de Xapón así como en múltiples coleccións privadas e fundacións.

Nesta exposición presentamos dúas series: Follente Bemil (erótica) con imaxes explicitas pero tratadas con finura, dunha maneira fresca e lozana. Na outra serie, Follas de sempre, as súas imaxes están tratadas con máis urxencia, son máis bastas, con manchas e estalidos e nas dúas series de serigrafías consegue unir perfectamente o cartón (material habitual nas súas obras) cunha refinada técnica de vernizado.

img_27316