Noticias de Hoy
diaz_pardo__medium
Localidad: Ourense
Fecha: 10/03/2016 a 12/06/2016

Exposición en Ourense: A fronteira infinda

Exposición en Ourense: A fronteira infinda.

Goza da arte realizada por creadores galegos desde fóra de Galicia, en América e Europa, ao longo de boa parte do século XX. A exposición atende a tres núcleos fundamentais: a presenza da emigración na obra de Castelao como tema social e cultural na Galicia das primeiras décadas do século XX; os artistas exiliados en América tras a guerra civil; e as novas xeracións formadas na posguerra que encabezaron unha nova diáspora, esta vez dirixida cara ao centro do sistema cultural dominante, Madrid.

Horario: de luns a venres de 17.30 a 20.30 e sábados e festivos de 12.00 a 14.00 e de 17.30 a 20.30 h.