Noticias de Hoy
Esposa y Pena en Ourense
Localidad: Ourense
Fecha: 04/01/2017
Horario: 19:00 a 19:00

Concierto de Esposa + Peña, en Ourense

TODOMEDRE presenta: Esposa + Peña, en Ourense.

Peña son Rubén Abad (Cró!, Trilitrate), Elena Vázquez (Trilitrate) e Toño Magariños (diola, MB), tres músicos inquietos e curiosos que se propuxeron neste proxecto mergullarse no universo pop dende a sua vertente máis intimista e misteriosa (Daniel Johnston, Nick Drake) ata a psicodelia acústica máis experimental (Syd Barret). Os tres galegos están a conformar un conxunto de composicións extremadamente persoais que non poden pasar desapercibidas.

Esposa son un grupo de pop de catro persoas bastante equilibradas. Dúas son da costa e dúas do interior, que tocan ou teñen tocado tamén en Chicharrón, Monstruo ou Cudevaso. Ás veces tocan moi rápido e ás veces tocan con parsimonia. Actualmente están gravando o seu primeiro LP, logo de autoeditar dixitalmente o EP Señor de, catro cancións urxentes na onda de The Feelies, Yo La Tengo ou Dois, autoproducidas e con portada de Leo Sousa (autor de deseños para Bala, Diola ou Unicornibot).

¡Programa completo ciclo TODOMEDRE 2016 de Ourense!