Noticias de Hoy
Localidad: Ourense
Fecha: 17/03/2018
Horario: 21:30 a 21:30

Concerto A Compañía do Ruído en Ourense

Concerto A Compañía do Ruído en Ourense

Nace a finais do 2002, con membros procedentes doutras formacións. Comezan combinando temas de corte tradicional con ritmos máis actuais como a samba, o ska, o reggae, os ritmos balcánicos, ou o rock'n'roll. Comezan a dar concertos pola comarca da Barbanza e a ser coñecidos entre o público.

Na primavera do 2003 gravan o seu primeiro EP, Só existe ruído. Comparten escenarios con grupos como O Jarbanzo negro ou La Kinky Beat, en lugares de toda Galicia como Bueu ou O Grove, e mesmo Madrid, Donostia, Bergara ou Plasencia.

Entre o 7 e o 9 de xaneiro do 2004 gravan en directo no Auditorio de Ribeira o seu segundo traballo: Barruntando. Como o anterior, está producido por eles mesmos, e conta coa colaboración de diversos artistas da zona. Ese ano tocan con Cheb Balowski, Alberto Mbundi, Cuchufellos, Río Bravo, La Gran Orquesta Republicana, A Matraca Perversa ou Lamatumbá.

A finais de 2005 gravan o seu terceiro álbum, A Compañía do Ruído, nos estudios Bonjan da Coruña. Un disco con 16 temas que segue a mesma liña musical e festiva, combinada con letras de corte social, pero sempre desde un punto de vista irónico. Colaboran músicos como Marquiños Viascón(Garbanzo Negro), Lorenzo Castro (O Vendaval do Rosal), Pablo Bicho, Mestre Foscaldo, Paulino González ou Juan Sieira (Auga de Beber).

No ano 2007 participan no recompilatorio 120 capadores, de homenaxe ós Diplomáticos de Monte-Alto, co tema "Bestilleiro".