Noticias de Hoy
Ciclo VO.es
Fecha: 24/03/2014
Horario: 20:30 a 20:30

Ciclo VO.es

Ciclo VO.es

Versión orixinal española. Ciclo adicado aos filmes recentes do panorama cinematográfico español; Todos os luns e mércores co Cineclube Padre Feijoo; sesión do luns (20:30 e 23 h.) mércores (18,20:30 e 23 horas)

Luns 10 de marzo de 2014, sesión de filmoteca en colaboración co CGAI (20:30 e 23 h.)

LOS ILUSOS de Jonás Trueba (España, 2013)
Info: Unha película sobre o desexo de facer cine, ou sobre o que fan os cineastas, cando non o fan; sobre perder o tempo e o tempo perdido; sobre conversas, borracheiras, comidas, e rutinas…contruíndo futuros recordos para facer unha película.

Mércores 12 de marzo de 2014, (18, 20:30 e 23 h.)

CANIBAL de Manuel Martín Cuenca (España, 2013)
Info: Carlos é o sastre máis prestixioso de Granada. Un home respetable. As súas paixón son o traballo e sobre todo a comida, pero non come calquera cousa: aliméntase de mulleres descoñecidas, coas que non ten ningún vínculo emocional. Esa situación muda o día en coñece a Nina, unha moza rumana que busca desesperadamente á súa irmá que desapareceu fai uns días

Luns 17 de marzo de 2014, sesión de filmoteca en colaboración co CGAI (20:30 e 23 h.)

GENTE EN SITIOS de Juan Cavestany (España, 2013)
Info: Rodada sen orzamento e cámara en man, ”Gente en sitios” é un ”relato caleidoscópico” que percorre a comedia, o drama, o relato social, o terror e o surrealismo co denominador común da irreductible poesía da condición humana fronte as embestidas do estrano e o caótico.

Mércores 19 de marzo de 2014 (18, 20:30 e 23 h.)

LA HERIDA de Fernando Franco (España, 2013)
Info: Ana (Marian Álvarez) é unha muller de 28 anos que séntese útil e satisfeita no seu traballo rutinario axudando aos outros. Sen embargo, fora da súa xornada laboral, Ana ten serios problemas para relacionarse, pois é socialmente torpe, incluso agresiva, coas persoas máis pretas e queridas.

Luns 24 de marzo de 2014, sesión de filmoteca en colaboración co CGAI (20:30 e 23 h.)

LA PLAGA de Neús Ballús (España, 2013)
Info: Raúl, un campesiño que intenta facer producción ecolóxica, contrata a Iurie para que o axude no campo. Iurie es loitador de loita libre, pero para gañarse a vida ten que traballar do que saia. Pouco a pouco, as historias destos dous homes van entrelazándose coa de tres mulleres solitarias

Mércores 26 de marzo de 2014 (18, 20:30 e 23 h.)

STOCKHOLM de Rodrigo Soroyen (España, 2013)
Info: Unha noite, nunha discoteca, ves a unha rapaza, namoras dela de xeito fulminante e disllo. Aínda que non fai moito caso, pasas con ela o resto da noite e rematas na cama. Que ocurriría se, ao día seguinte, non fora a rapaza que parecía ser?

Web: www.cineclubepf.blogspot.com.es