Noticias de Hoy
Ciclo bw
Fecha: 21/05/2014
Horario: 21:30 a 21:30

Ciclo Branco e Negro

Corremos para non perder o futuro, pero… que pasa co noso presente, ¿non estaremos a perdernos algo con tanta velocidade?

Invitamosche a gozar sen presas do ciclo Branco e Negro (ou «Black & White»), unha posición auténtica de forza ou manifesto polos novos cineastas e que pretende ser tamén unha postura implícita de reflexión perante as nosas aceradas vidas.

Os filmes propostos amosan emocións pola textura cromática das imaxes, van a contracorrente nos movementos de cámara, no uso dos efectos especiais, recuperando as esencias da nouvelle vague, ou free cinema británico, cun ton de negrura semellante ao cinema indie americano dos anos 70 e no que encaixaría bastante ben, calquera tema do californiano Tom Waits para ambientar esta descarnada negrura, ainda que inocentemente apostamos polo vigués Leo de Ondas Martenot, para presentarche o avance visual do «ciclo B&W» para estas semanas de maio—xuño.

 

Programa
18:00/ 20:30/ 23:00 horas

14 de maio de 2014: Frances Ha (EEUU)
21 de maio de 2014: Oh Boy (Alemania)
28 de maio de 2014: Mucho ruído y pocas nueces (EEUU)
04 de xuño de 2014: Ida (Polonia)
11 de xuño de 2014: Nebraska (EEUU)

Sesións Filmoteca
20:30/ 23:00 horas

26 de maio de 2014: Once I entered a garden (Israel)
09 de xuño de 2014: Holy Field, Holy War (Polonia)