Noticias de Hoy
Localidad: Ourense
Fecha: 22/09/2017
Horario: 18:30 a 18:30

Charla de psiquiatría e filosofía en Ourense

Charla de psiquiatría e filosofía en Ourense

TÍTULO: "¿É a psiquiatría unha pseudociencia?"
DURACIÓN: 17:30 - 18:30
RESUMO: Nesta conferencia abordarase a psiquiatría dende un punto de vista filosófico. Para responder á pregunta do título definimos primeiro o complexo concepto de "ciencia". Tamén comentaremos os cambios máis controvertidos nas sucesivas edicións do DSM, como foi a despatoloxización da homosexualidade mediante o singularmente acientífico procedemento do referendum. Ó longo da conferencia avaliaremos as aportacións científicas e filosóficas de autores de cabeceira como Freud, Eysenck, Laing, Szasz, Sedgwick, Scheff e Foucault, entre outros. Analizaranse conceptos centrais para a práctica psiquiátrica como o de "enfermidade", "normalidade" ou "desorde". Introduciremos a discusión filosófica acerca da relación entre mente e cerebro, e a súa correspondente discusión disciplinar, acerca da liña de demarcación entre a psiquiatría, a neuroloxía clínica e o resto da medicina. Por último, comentaremos a cuestión de se é posible unha psiquiatría libre de valores ou, como toda forma de medicina, inevitablemente asenta as súas prácticas nunha concepción da "vida boa".

TÍTULO: "De Homero ó DSM-III; historia paralela da filosofía e a psiquiatría"
DURACIÓN: 18:30 - 20:30
RESUMO: Se entendemos que a fisioloxía non pode explicalo todo, podemos chegar a aquelas razóns de por qué moitas cosas que experimentamos só poden explicarse mediante a posición "excéntrica" de nós mesmos. O problema mente-cuerpo é unha constante, e o primeiro paso para comprendelo é facer un repaso pola súa súa historia; dende os clásicos chegando a Kant, Charcot, Brauer, Luria, Moniz, Spitzer e parte da psiquiatría actual; sen esquecer a xente como Plesnner, Merleau Ponty ou Wittgenstein.

COLOQUIO E DEBATE DAS IDEAS DAS XURDIDAS NAS CONFERENCIAS