Carnaval Ourense 2017. Programa completo

Fecha 16-02-2017 a 1-03-2017
Lugar
7 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 5 Pin It Share 1 LinkedIn 1 7 Flares ×

Carnaval-Ourense-2017

Programa Carnaval Ourense 2017 // Programa Entroido Ourense 2017.

A capital da provincia de Ourense fai gala de ser o referente dos entroidos galegos e, pese a non ser dos máis destacados como os tradicionais de Laza ou Xinzo de Limia, está plagado de actividades para o disfrute dos adultos e tamén dos máis pequenos.

Xoves 16 de febreiro de 2017. XOVES DE COMPADRES
11.30h. Regueifas e loitas tradicionais. Lugar Praza Maior. Organiza: Concellería de Educación

Xoves 23 de febreiro de 2017. XOVES DE COMPADRES
11.30h. Regueifas e loitas tradicionais. Lugar Praza Maior. Organiza: Concellería de Educación.
23.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Trópico de Grelos. Lugar Rúas da cidade.
00.30h. NOITE DE COMADRES. SESIÓN Dj. Lugar Praza do Correxidor e Praza de San Martiño.

Venres 24 de febreiro de 2017. VENRES DE ENTROIDO
20.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Os Caliqueños, Támega, Riau Riau e Trópico de Grelos. Lugar: Rúas da cidade
00.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Dr Antxoa, Noroeste, Alambique e Mekánica. Lugar: Rúas da cidade
21.00h. INAUGURACIÓN DO ENTROIDO. Batucada con Trópico de Grelos. Lugar: Itinerante, da Praza Maior ao Xardín do Posío.
22.00h. COCIDO DE ENTROIDO E FESTA! Haberá charangas,Dj, sorteos de dous cocidos para catro persoas en restaurantes da cidade e conxuro da queimada! Prezo: 15€. Lugar: Xardín do Posío, Café Balí (Avda Alfonso Rodríguez Castelao 37) e Trampitán (Praza Maior) Máis información no teléfono: 616204816.
00.30h. SESIÓN Dj. Lugar: Praza do Correxidor e Praza de San Martiño

Sábado 25 de febreiro de 2017. SÁBADO DE ENTROIDO
11.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Os caliqueños e Os chispas. Lugar: Rúas da cidade
17.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Riau Riau e Albor. Lugar: Rúas da cidade
20.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Mucha marcha, Os perqtores e Castro Bello. Lugar: Rúas da cidade
00.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Trópico de Grelos, Sorcha, Dr Anchoa, Noroeste, Alambique e Europa. Lugar: Rúas da cidade
11.30h. GRAN XOGO DO ENTROIDO. Desenvolveremos un gran xogo aberto a toda a cidade. Gozaremos dunha serie de actividades abertas relacionados cos entroidos da provincia de Ourense e as distintas datas significativas. Lugar: Xardín do Posío. Organiza: Asociación Xuvenil Amencer
17.30h. FESTA INFANTIL. Festa Vikinga. Lugar: Xardín do Posío
00.30h. SESIÓN Dj. Lugar: Praza do Correxidor
00.30h. Orquestra LEDICIA. Lugar: Praza Maior. Aforo Limitado

Domingo 26 de febreiro de 2017.
11.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Mucha marcha. Lugar: Rúas da cidade
17.00h. Desfile de comparsas e carrozas coa actuación das charangas Dr Anchoa, Riau Riau, Os Chispas, Albor e Castro Bello. Percorrido: Saída das Lagoas, Rúa Curros Enríquez, Xoan XXIII, Rúa Progreso, Doutor Marañón, Praza Maior.
18.30h. BAILE coa orquestra CLAXXON. Lugar: Praza Maior. Aforo Limitado
19.30h. CONCURSO REI/RAÍÑA DO ENTROIDO 2017. Toda a xente que queira participar que se achegue ao Concello, continuaremos coa ENTREGA DE PREMIOS ás/aos gañadoras/es do Concurso de Comparsas e Carrozas para rematar coa coroación do Rei/Raíña deste ano pola raíña do Entroido 2016. Lugar: Praza Maior

Luns 27 de febreiro de 2017. LUNS DE ENTROIDO
11.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Os Chispas e Nova. Terra de Trives. Lugar: Rúas da cidade
17.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Riau Riau e Nova Terra de Trives. Lugar: Rúas da cidade
20.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Os caliqueños, Sorcha e Castro Bello. Lugar: Rúas da cidade
00.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Trópico de Grelos, Dr Anchoa, Noroeste, Mucha marcha, Aperta e Europa. Lugar: Rúas da cidade
10.00h. Actividade dirixida a nenas/os de 3 a 12 anos. Coñeceremos en profundidade a cultura do Entroido, descubrindo as orixes desta festa na nosa provincia e na nosa cidade sen confundilo coas distintas e moi ricas realidades que enchen de festa distintos puntos do mundo nestes días. Lugar: Local da asociación xuvenil Amencer (Praza Don Bosco, 1, baixo) Organiza: Asociación xuvenil Amencer
17.00 a 00.00h. DIAL DE ENTROIDO. Dial é un colectivo ourensán de artistas multidisciplinares coa música electrónica como eixo de acción. Contaremos co recoñecido artista portugués Pixel 82 e mais tres Dj de Ourense. Lugar: Rúa da Unión (Tras da Catedral)
17.30h. Cé orquestra Pantasma co Xogueteiro (novo espectáculo) Lugar: Xardín do Posío
00.30h. SESIÓN Dj. Lugar: Praza do Correxidor
00.30h. BAILE coa orquestra. RITMO JOVEN. Lugar: Praza Maior. Aforo Limitado

Martes 28 de febreiro de 2017. MARTES DE ENTROIDO
11.00h. ANIMACIÓN DE RÚA. Albor e Os chispas. Lugar: Rúas da cidade
17.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Riau Riau e Castro Bello. Lugar: Rúas da cidade
20.30h. ANIMACIÓN DE RÚA. Dr Antxoa, Nova Terra de Trives e Mucha marcha. Lugar: Rúas da cidade
17.30h. FESTA INFANTIL. Got Talent. Lugar: Xardín do Posío

Mércores 1 de marzo de 2017.
10.00h. MAÑÁS DE ENTROIDO. Actividade dirixida a nenas/os de 3 a 12 anos. Coñeceremos en profundidade a cultura do Entroido, descubrindo as orixes desta festa na nosa provincia e na nosa cidade sen confundilo coas distintas e moi ricas realidades que enchen de festa distintos puntos do mundo nestes días. Lugar: Local da asociación xuvenil. Amencer (Praza Don Bosco, 1, baixo) Organiza: Asociación xuvenil Amencer
20.00h. ENTERRO DA SARDIÑA. Concentración na Praza Maior, as carpideiras acompañarán a Sardiña ao longo do percorrido, o cortexo fúnebre irá amenizado pola charanga Riau Riau. Percorrido: Saída da Praza Maior, Lamas Carvajal, rúa do Paseo, Parque de San Lázaro, Sto Domingo, Lepanto, Xoán de Austria, praza de Santa Eufemia, Lamas Carvajal e remate na Praza Maior coa queima da Sardiña.

ENTROIDO DAS PITAS EIROÁS

12 DE FEBREIRO DE 2017. DOMINGO FARELEIRO
Pola mañá. Recepción do Meco polas autoridades do barrio
Desde as 17.00h. Farelo na praza, con música da Charanga OS CALIQUEÑOS

19 DE FEBREIRO DE 2017. DOMINGO OLEIRO
Ás 17.00h. Chegada das Olas á praza
Xogo das Olas con música da Charanga OS CHISPAS

25 DE FEBREIRO DE 2017. SÁBADO DE ENTROIDO
Entre lusco e fusco.
Folión do Entroido

28 DE FEBREIRO DE 2017. MARTES DE ENTROIDO
Pola mañá. Ruada con máscaras e músicos
Apertura do Mercadiño de dona Gumersinda
13.00h. Voda da Pita Xantar dos noivos, con música de Charanga (Apuntarse no Bar da Comisión antes do Domingo Oleiro)
Pola tarde. Baile de disfraces coa orquestra FIN DE SIGLO
21.00h. Concursos e pasarelas de disfraces.

ENTROIDO DE SEIXALBO PAQUITA E NICANOR

19 DE FEBREIRO DE 2017. Domingo Oleiro
16.30h. Chegada da comitiva á Praza de Paquita e Nicanor (Parada bus dos Barreiros)
16.45h. Ruada coa Charanga Europa ata a Praza Maior
17.30h. Pregón a cargo de Entroideiros insignes
18.00h. Troulada dos grandes artistas da vila
18.30h. Xogo das olas
19.30h. Chocolatada e fin de festa

26 DE FEBREIRO DE 2017.Domingo de Entroido
14.00h. Cocido Bacanal na Infesta
16.00h. Espectáculo Sorpresa
16.30h. Festa Rachada no bar da Comisión coas charangas Os caliqueños e Sorcha
21.00h. Fin de festa

28 DE FEBREIRO DE 2017. Martes de Entroido
16.30h. Desfile desde a Praza de Paquita e Nicanor (Parada de bus dos Barreiros)
18.00h. Actuación comparsas na Praza Maior (Chavalada de Seixalbo, Aguilladas, Ovellas negras, Panduriños… e as que se apunten)
19.00h. Festa Rachada no bar da Comisión coas charangas Vai de baile e Mucha marcha
20.30h. Queima dos mecos e ritual de entrega para o vindeiro Entroido.

1 DE MARZO DE 2017. Mércores de Cinza
21.00h. Praza da Infesta. Procesión da Sardiña
21.30h. Praza Maior. Enterro da sardiña (Prégase loito rigoroso) RETIRADA CONVITES DO COCIDO NA LIBRERÍA SOLAINA (Praza Maior de Seixalbo) ATA O MÉRCORES 22. Prezos: 15€ con disfrace, 40€ sen

ENTROIDO ASOCIACIÓN CULTURAL FREI CANEDO A PONTE

23 DE FEBREIRO DE 2017. XOVES DE COMADRES
Cea-baile na sede da confraría para todas as comadres da Ponte e acompañantes amenizado polo DÚO ASES (os homes obrigatorio vir disfrazados de muller)

25 DE FEBREIRO DE 2017. SÁBADO DE ENTROIDO
23.30h. Baile de disfraces a cargo do grupo orquestral “FUTURO”.

26 DE FEBREIRO DE 2017.
Día do polbo e as/os nenas/os
12.00h. Sesión vermú co DÚO ASES
13.00h. Gran Papatoria con: Carne ao caldeiro, polbo, pan e viño
20.00h. Espectáculos infantís Regalos para todas/os as/os nenas/os
22.30h. Baile de disfraces a cargo do DÚO ASES

27 DE FEBREIRO DE 2017. Día grande de Frei Canedo
18.00h. Charanga e ruada para a xuntanza dos frades arredor da Capela
19.30h. Comezo dos solemnes actos con: Presentación Purificación do lugar co POTEFUMEIRO Sermón. Bendición dos novos confrades.
20.15h. Saída da solemne procesión polas rúas da Ponte
22.00h. Xuntanza nos solemnes comedores para honrar a FREI CANEDO cunha cea medieval na Ponte Romana, para confrades, acompañantes e amigos.
23.30h. Comezo do baile de disfraces a cargo do grupo FUTURO. Nota: Como dependemos da esmola do persoal… segundo os cartos que xuntemos trataremos de arranxar algo máis

Carnavales de interés en la provincia de Ourense

Xinzo de Limia – ¡Programa completo aquí!
Laza – ¡Programa completo aquí!
Verín – ¡Programa completo aquí!

Publicidad

Los comentarios se han cerrado.

7 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 5 Pin It Share 1 LinkedIn 1 7 Flares ×