Noticias de Hoy
actividades infantiles
Localidad: Ourense
Fecha: 02/07/2018 a 31/07/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Actividades de Verán 2018 en Ourense

Actividades de Verán 2018 en Ourense.

O 13 de xuño de 2018 abre o prazo para inscribirse nas Actividades de Verán 2018 que nos Centros Cívicos do Concello de Ourense organizará a Concellería de Asuntos Sociais, para nenos e nenas que cursaran Infantil e Primaria no ano escolar 2017-18. O obxectivo básico é que os nenos e nenas se divirtan, se relacionen e aprendan convivindo con outros rapaces e rapazas no marco do centro cívico.

Este verán búscase fomentar a participación dos nenos e nenas en actividades socioeducativas, lúdicas e culturais que promovan a educación en igualdade e o coñecemento dos seus dereitos recoñecidos na Convención de dereitos da infancia. Trátase de promover que os menores se convirtan en axentes de cambio social identificando a realidade do seu barrio e o seu entorno. Todo no marco das accións encamiñadas a dar cumprimento aos obxectivos do I Plan de Infancia e Adolescencia do Concello de Ourense.

Preténdese tamén que as actividades sexan unha forma de axudar ás familias a conciliar a vida laboral e familiar neste periodo vacacional cun horario de 9:00 a 13:30 horas de luns a venres para as familias que o desexen.

O prazo e a partir das 9:00 horas do 13 de xuño de 2018. O prazo rematará o día 20 de xuño ás 24:00 horas. Se algunha persoa precisa axuda coa inscrición pode dirixirse á Oficina de Atención Cidadá ou ao Centro Cívico Colón.

As actividades realizaranse nos centros cívicos de: Colón, A Cuña, A Ponte, As Termas e Seixalbo durante os meses de xullo e agosto de 2018. Serán de luns a venres e os horarios van de 9:00 a 13:30 horas. Vanse dividir en quincenas do seguinte xeito:

  • Do 2 ao 13 de xullo
  • Do 16 ao 31 de xullo
  • Do 1 ao 14 de agosto
  • Do 16 ao 31 de agosto

As actividades son gratuítas e para ter a posibilidade de acceder a elas o neno ou a nena deben estar empadroados no Concello de Ourense. O criterio de selección será o seguinte:

Todos os nenos e as nenas, que cubran a solicitude en prazo, deberán ter concedida algunha das quincenas de preferencia antes de que se poida desfrutar dunha segunda.
A admisión nas quincenas será por orde de entrada e orde de preferencia.
Se a inscrición se fai para máis dun centro na mesma quincena entenderase que o centro de preferencia é o primeiro no caso de que haxa prazas.

As quincenas dos centros que non alcancen un número mínimo de solicitudes poden ser suspendida..