Noticias de Hoy
unnamed
Fecha: 21/12/2020
Horario: 18:00 a 18:00

Contacontos inclusivo en Redondela

Biblioteca municipal de Redondela.

As bibliotecas municipais de Redondela celebran o Nadal cunha actividade retransmitida en liña a través das súas redes sociais.

A proposta é un contacontos inclusivo da compañía ContAz. Co título "Perdido?" preséntannos unha historia baseada nun conto de Oliver Jeffers  onde a lingua de signos terá grande protagonismo. Será retransmitido  en directo a través do Facebook das bibliotecas de Redondela o próximo luns 21 de decembro, ás 18:00 h.

A actividade realízase grazas á Fundación Filomena Rivero Alonso, que pretende deste xeito achegar o Nadal ás bibliotecas e aos fogares dos seus usuarios e usuarias, nun espazo de seguridade frente ao Covid-19.