Noticias de Hoy
Sin título 1
Fecha: 26/05/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero en Pontevedra

Infancia e Adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero en Pontevedra

Cando se fala de violencia de xénero adóitase pensar en mulleres adultas que a sofren por parte das súas parellas ou ex-parellas. Non obstante, existe unha cara oculta desta violencia: a que se exerce sobre a infancia e a adolescencia por parte de varóns da familia ou institucións, precisamente naqueles contextos que deberían ser un espazo de protección para nenas, nenos e adolescentes. Con esta xornada aspiramos a proporcionar elementos de debate e ferramentas para a prevención desta violencia e a intervención en diferentes ámbitos.

Programa

9h30-10h00. Benvida institucional

10h00-10h15. "O Proxecto REDES". Ángeles Parrilla Latas. Directora do Proxecto REDES. Profesora da UVigo

10h15-11h30. Panel de presentación do microproxecto "Infancia e adolescencia: unha cara oculta da violencia de xénero"

  • Azucena Arias Correa. Orientadora e profesora da UVigo
  • Daisy Alcalde Monteagudo. Mestra. Asociación feminista O Soño de Lilith
  • Iria Vázquez Silva. Profesora da UDC
  • Presenta e modera: María A. Lires. Coordinadora do microproxecto. Profesora da UVigo

11h30-12h00. Descanso-café

12h00-13h30. Conferencia: "Violencia vicaria e SAP: fillas e fillos como vítimas da violencia de xénero"

13h30-16h00. Xantar

16h00-18h00. Obradoiros

  1. "A coeducación, o camiño para a prevención da violencia de xénero". Mariví Fernández Roldán. Asesora do Berritzegune de Irún
  2. "Crianzas maltratadas: detección e abordaxe desde o ámbito sanitario". Lola Ferreiro Díaz. Experta en xénero e saúde
  3. "Menores e violencia de xénero, tratamento interdisciplinario. Detección e actuación das administracións públicas. Apuntes sobre o Pacto de Estado". Paz Filgueira Paz. Titular do Xulgado de Violencia sobre a Muller de Vigo
  4. "Desmontando mitos contra nenas, nenos e adolescentes desde o eido asociativo". Estrela Gómez Viñas. Presidenta de AGAMME

18:00-18:30. Descanso-café

18:30-20:00. Posta en común e conclusións