Noticias de Hoy
Fecha: 20/02/2018
Horario: 21:00 a 21:00

Alborada de ROSALÍA DE CASTRO. Ricardo Portela In Memoriam. OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO

Concerto en lembranza da histórica actuación de Ricardo Portela no paraninfo da USC o 17 de xullo de 1985 pola conmemoración do centenario rosaliano, invitado por Xosé Filgueira Valverde. Un feito aparentemente sinxelo pero de moita importancia para o mundo da gaita, xa que simbolizou a entrada da gaita na universidade, un vello desexo de Castelao.

OSCAR IBÁÑEZ revisa dende a súa faceta artística os temas máis característicos do célebre RICARDO PORTELA, Gaiteiro de Viascón, enriquecéndoos con arranxos frescos e cos timbres do seu grupo de directo OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO, co obxectivo de contribuir á actualización, difusión e universalización o repertorio porteliano.

ENTRADA DE BALDE ata completar aforo.

Promoven Xunta de Galicia, dende a Secretaría Xeral de Cultura, Universidade de Santiago de Compostela e Fundación Rosalía de Castro.

OSCAR IBÁÑEZ & TRIBO
Fernando Fraga, acordeón
Ioana Pérez, violín
Carlos Calviño, guitarra
Andrés Vilán, percusión
Oscar Ibáñez, gaita e frautas