Noticias de Hoy
nataly feel D
Fecha: 29/09/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Roteiros Temáticos de Outono en Pontevedra

Roteiros Temáticos de Outono en Pontevedra

A Concellaría de Patrimonio Histórico recupera os Roteiros temáticos de outono polo patrimonio pontevedrés, tralo éxito de edicións anteriores e co propósito de dar a coñecer o rico patrimonio tanto da cidade como do rural, así como da contorna doutros concellos. Programa seis roteiros que comezarán o 29 de setembro e rematarán o 28 de outubro. Todos serán o sábado pola mañá, agás o primeiro, que é nocturno.

Os roteiros urbanos serán os do:

    • Xardín e hortas urbanas (30 setembro), que estará guiado por Xaime Blanco Dios que dirixirá aos participantes polos xardíns da cidade, e especialmente centrado no edificio de Sanidade, Palmeiras, Alameda, Marescot e noutras partes do centro histórico.
    • Mulleres do gris ao violeta (14 de outubro), estará coordinado por María Xesús López Escudeiro. Será un percorrido pola historia da cidade, centrado no protagonismo das mulleres tanto co perfil de artistas, escritoras … como das clases traballadoras ou do comercio, e tamén das mulleres represaliadas.
    • Conventos e igrexas medievais da cidade (28 de outubro) a cargo de Carmela Sánchez Arines. Visitarase dende San Francisco ou Santa Clara, e resultará unha boa maneira de coñecer a Idade Media de Pontevedra.

Os roteiros de fóra da cidade serán:

    • Pazos nas aforas da cidade: Lourizán e Salcedo (21 de outubro). Ten como principais centros de interese Lourizán e a Misión Biolóxica. Tentouse visitar o Pazo de Conde Bugallal pero non foi posíbel.
    • Tourón á noite: arte rupestre (29 setembro). Roteiro nocturno, guiado por Xosé Lois Vilar arqueólogo, que pretende visualizar a arte rupestre na área arqueolóxica de Tourón, que é especialmente espectacular con luz rasante.
    • Ruta polo monte Penide, Mirallo prehistórico (Redondela) (7 de outubro) para coñecer a cultura megalítica.

Para participar é preciso inscribirse a partir do luns de cada semana no correo patrimoniocultural@pontevedra.eu

nataly feel
areas de sal