Noticias de Hoy
muralla
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 29/11/2018 a 01/12/2018

XVIII Aniversario de la Muralla de Lugo como Patrimonio de la Humanidad

XVIII Aniversario de la Muralla de Lugo como Patrimonio de la Humanidad.

Día 29 de novembro de 2018
18.00 h. Celebración do XVIII aniversario cos representantes da Asociación Lucense de Pastelerías e Confiterías: Mallorca, Martín, Mimos, Ramón e Yomar coa elaboración dun gran pastel xigante conmemorativo.

Por cada ración depositaranse 20 céntimos que se destinarán ao Banco de Alimentos de Lugo. Haberá música en directo. Soto da Praza de Abastos (Santo Domingo)

Día 30 de novembro de 2018
12.00 h. Acto institucional Diante da Mosqueira Interpretación musical do "Cumpleaños feliz."
17.00 h. Exhibición de “zumba” no adarve da Muralla nas proximidades da Mosqueira. Organiza Jesús Illán e Noemí Cerviño Achégate e danza con nós!
20.30 h. Actuación simultánea de seis corais da cidade nas portas da Muralla.
• Porta do Bispo Aguirre: Coral Ecos do Miño Astelu
• Porta San Pedro: Coro da Asociación de Amigos do Camiño de Santiago
• Porta Falsa: Orfeón Lucense
• Porta Nova: Schola Gregoriana Lucensis
• Porta Miñá: Coral Xolda
• Porta de Santiago:Orfeón Xoán Montes
22.00 h. Solta de “pequenos farois” desde o adarve da Muralla. Todas as persoas que veñan celebrar este aniversario poden participar neste acto simbólico. Poderán recollelos nas distintas escaleiras, rampla e ascensor de acceso á Muralla.

Exposición de fotografías da Muralla de Pepe Álvez: “Feitas con móbil”.
Inauguración o día 30 de novembro ás 17.30 h. no calabozo de homes da primeira planta do Vello Cárcere.

Ademais dunha arte, a fotografía é unha técnica cunha protohistoria que é anterior a Daguerre e percorre agora o ciclo da dixitalización. O que vaia vir nin sequera o albiscamos.

Facer fotografía esixe unha constante adaptación á novidade tecnolóxica, e atrevémonos a dicir que un cambio de “mentalidade visual”. O ollo dun fotógrafo de 2018 non pode funcionar co mesmo criterio estético que o dun fotógrafo de hai 30 anos. Trátase, en definitiva, de adaptar a mirada ao tempo e ao contorno en que se vive.

Esta esixencia de contemporaneidade non todas e todos a soportan. Algunhas e algúns fotógrafos quedaron no camiño. Outras e outros foron capaces de axustar a perspectiva. E uns poucos, como Pepe Álvez, vantaxosamente. O veterano reporteiro gráfico, o rescatador de placas históricas, o artista das cámaras convencionais crea agora as súas imaxes desde os obxectivos incorporados aos teléfonos móbiles.

A universalización do procedemento non garante a equiparación do resultado: aquí está a proba. Só un verdadeiro artista é capaz de crear obras de arte. Cun teléfono móbil, Pepe Álvez segue sendo un enorme fotógrafo. A través da súa mirada, lúcida e innovadora, a Muralla de Lugo adquire niveis estéticos insólitos, sublimes e irrepetibles. É dicir: nunca vistos até o de agora. Aí radica o xenio dun verdadeiro creador.

Día 1 de diciembre de 2018
20.00 h. Concerto de Andrea Pousa Respirar: O latexo do lirismo galego feito canción capaz de traspasar fronteiras. No Patio do Vello Cárcere. Acceso libre ata completar a cabida

Concurso contos do Anel de Pedra
Aberto o prazo e dirixido a nenas e nenos ata 12 anos, dos colexios da cidade. Prazo de presentación: ata o 10 de xaneiro. + info no 010 (Lugo)