Noticias de Hoy
Fecha: 24/10/2020
Horario: 01:00 a 01:00

Xornada sobre o chopo en Galicia

Será A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza este sábado na Escola Politécnica Superior de Enxeñaría de Lugo unha xornada técnica sobre as posibilidades de desenrolo do chopo en Galicia.

Esta acción, na que colabora a Universidade de Santiago de Compostela (USC), terá unha parte teórica que se desenvolverá en horario de mañá e outra parte práctica, coa visita a dúas parcelas en Sarria e Bóveda. No tocante á sesión matinal, o especialista Joaquín García impartirá un relatorio sobre a populicultura para desenrolo, afondando nos consumos industriais e prezos en pé destas árbores. Pola súa parte, o profesor da USC, Roque Rodríguez, e a investigadora do Centro de Investigación Forestal de Madrid, Hortensia Sixto, abordarán os resultados de clons de chopo resistentes a solo ácido e as parcelas de ensaio que hai en Galicia con estas árbores. Finalmente, o subdirector xeral de Recursos Forestais da Consellería do Medio Rural, Jacobo Aboal, tratará a regulación normativa en Galicia sobre as plantacións de chopo.

Con respecto á parte práctica, os asistentes desprazaranse a Sarria para coñecer in situ dúas parcelas de chopos que teñen 12 anos e, xa en Bóveda, visitarán unha parcela de árbores de catro anos onde se realizará unha demostración de traballos de poda alta.

Esta xornada está dirixida a persoas vinculadas profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal e da madeira. Tamén poden apuntarse as persoas con expectativas de incorporación, en especial mozos do medio rural galego.

Esta acción está integrada no Plan de transferencia para o apoio ás actividades de demostración e de información ao agro galego 2020, cuxo principal obxectivo é impulsar o desenvolvemento de actividades formativas, de demostración e información que desenvolve a Consellería do Medio Rural. Con estas accións, preténdese contribuír a que os coñecementos cheguen aos seus últimos destinatarios: agricultores, gandeiros, silvicultores ou representantes da industria agroalimentaria.

Polo tanto, trátase de mellorar a capacitación dos traballadores dos sectores agrario, agroalimentario e forestal en todo o relacionado cos aspectos técnicos e económicos das súas actividades incidindo, cando sexa preciso, na reordenación das producións e no emprego dos métodos produtivos respectuosos coa conservación e na protección do medio.