Noticias de Hoy
VAIA VAIA Encontro de Fanzines e Autoedición
Fecha: 21/11/2020 a 22/11/2020

VAIA VAIA Encontro de Fanzines e Autoedición

O Vello Cárcere.

VAIA VAIA 2020 será a primeira edición do encontro de fanzines que terá lugar en Lugo os días 21 e 22 de novembro. F

O obxectivo deste encontro non é outro que acoller durante un par de días unha feira de autoedición e constituírse como unha reunión pública e aberta a todo aquel que estea interesado nas publicacións independentes e autoxestionadas.

O mercadiño de fanzines e derivados, será o punto de encontro principal ao redor do cal se organizarán diversas actividades como poden ser obradoiros, charlas, mesas redondas, proxeccións, etc. abarcando contidos que supoñan mergullarse na linguaxe da ilustración, a creación literaria, o grafismo e as artes visuais.