Noticias de Hoy
trofeo cup lugo (1)
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 24/06/2017 a 25/06/2017
Horario: 01:00 a 01:00

Torneo benéfico CDLU Cup en Lugo

Torneo benéfico CDLU Cup en Lugo

Máis de 200 nenos de España e Portugal participarán a fin de semana en Lugo no torneo benéfico CDLU Cup 

- É o torneo internacional de fútbol-7 de categorí­a aleví­n, que organiza o CD Lugo ao abeiro do contrato de patrocinio coa Deputación, no que participarán 16 equipos da península, e cuxos fondos serán para ADACE e Somos Unidos por el Cáncer

- Campos Conde destacou que  "a Deputación de Lugo é a institución galega que máis inviste en deporte en Lugo e o organismo provincial que máis o fai en Galicia. Cremos no deporte como instrumento que promove o esforzo, o compañeirismo ou a solidariedade"

- Méndez López dixo ao rapaces do equipo aleví­n do CD Lugo  "que segura que esta fin de semana seredes os grandes anfitrións da cidade de Lugo"

 Esta cita terá lugar esta fin de semana, 24 e 25 de xuño, no Estadio Anxo Carro. Participarán máis de 200 nenos de 10 e 11 anos, de 16 equipos de España e Portugal. Todos os fondos recadados serán doados á ADACE e Somos Unidos por el Cáncer.

Equipos participantes

No torneo de fútbol, organizado polo Club Deportivo Lugo ao abeiro do contrato de patrocinio coa Deputación, participarán os seguintes 16 equipos de España e Portugal:

- CD Lugo

- Villarreal CF

- Valencia CF

- Málaga CF

- Sevilla CF

- RC Celta de Vigo

- RC Deportivo de la Coruña

- Real Sporting de Gijón

- Real Valladolid

- Fútbol Club Porto

- SL Benfica

 

- SD Ponferradina

- UD Santamariña

- CD Calasanz

- EF Lalí­n

- Victoria CF