Talleres de Pandeiro na Casa do Río. Palas de Rei

Fecha 13-10-2018 a 14-10-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Talleres de Pandeiro na Casa do Río. Palas de Rei.

  • Sábado 13 de outubro: Taller de “Pandeiro Vegano” con Ricardo Marcos Casás.
  • Domingo 14 de outubro: Taller de Canto e Percusión con pandeiro (galego e portugés) con Davide Salvado.

Os pandeiros cadrados son un instrumento típico da península, o seu nome antigo “adufe” indícanos a súa procedencia árabe (adduff). Confeccionados tradicionalmente con peles de animais (ovella, cabra, corzo ou incluso can), os propios animais son protagonistas de moitas coplas populares:

Este pandeiro que toco
éche de coiro d’ovella
onte pacía na braña
i hoxe toca que rabea

[CPGDS, VI, II, 44] Cerceda (A Coruña)

O próximo taller de “pandeiro vegano” ten como obxectivo aprender unha técnica de construción de pandeiros prescindindo de peles, coa que ademáis o resultado final é un pandeiro de mantemento sinxelo e moi estable ante calquera condición climática.

O taller de canto e percusión servirá para aprender cantigas e seu acompañamento co pandeiro ou adufe. 

Descontos para as inscricións a ámbolos dous talleres e se a insrición a ámbolos dous faise antes do día 8 de outubro.
¡Prazas limitadas!

Farémosche chegar os detalles do curso e a inscrición no seguinte email: acasadorio.arte@gmail.com

Máis informacións no teléfono: 653820444

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×