Talía Teatro presenta: O servidor de dous amos, en Lugo

Fecha 2-03-2018
Hora 20:30
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Talía Teatro presenta: O servidor de dous amos, en Lugo.

Talía teatro presenta unha revisión do clásico O servidor de dous amos, un dos textos inmortais da historia do teatro. Convertido no referente por excelencia da Commedia dell’Arte, atoparedes aquí unha reinvención da obra de Goldini que respecta o ritmo, a comedia e o humor da peza orixinal, pero que busca tamén incorpora novas formas de teatralidade. No noso atrevemento non facemos outra cousa que intentar respectar o verdadeiro espírito da Commedia dell’Arte, do teatro renacentista italiano: a procura da innovación polo uso de todas as novidades escénicas posibles, a persecución do “espectáculo total”, unha obra que sexa capaz de deixar abraiado a todo o público presente.

Así como a Commedia dell’Arte creaba unha paisaxe cómica e irreverente da sociedade italiana do momento, esta versión trata de construír un xoguete escénico onde os contratos matrimoniais son substituídos por contratos de construción, onde nobres e mandatarios son remprazados por empresarios e políticos, onde a vida mesma da nosa sociedade é retratada con irreverencia e descaro, buscando un espectáculo trepidante e deslinguado, tan mordaz coma divertido.

Oito intérpretes desenvolverán en escena un espectáculo de gran formato onde todo será posible, onde a mentira e a confusión serán a base do xogo, onde os distintos espazos mudarán á vista do espectador, onde riremos de todo e de todos, ata de nós mesmos.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×