Noticias de Hoy
Sanfroilan Asociativo 2018.
Fecha: 06/10/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Sanfroilán Asociativo 2018

Sanfroilán Asociativo 2018.

Estamos en Festas, as nosas festas de toda a vida, as do Sanfroilán (deben ter cerca de 270 anos). As
festas nas que a xente de toda a provincia viña a comerciar no Campo da Feira, mais tamén e de paso, a
divertirse, a bailar, a comer polvo. Seguimos contra toda modernidade a celebrar esta festa, xantando,
bebendo, bailando, escoitando música en calquer praza, paseando pola cidade, atopando en cada recuncho
e en cada rúa algo para ver ou facer, un amigo o unha amiga que hai tempo que non vemos...

Outra vez máis saímos á rúa, o noso medio natural poñendo un grao de area para que esta festa siga viva,
porque pensamos que as festas témolas que facer nós, as veciñas e veciños de Lugo, queremos ser persoas
actoras desta festa e non só consumidoras delas. Queremos ademais facer máis forte o tecido asociativo
dos nosos Colectivos, porque facendo cousas xuntos é como entendemos a unidade e a colaboración entre
as asociacións e colectivos de este Lugo vivo, participativo e con inquedanzas e que quere expresarse
libremente, sen coaccións, sen mordazas e sen exclusións (aquí collemos todas e todos!). Coma sempre
facemos isto o sábado anterior ao Domingo das Mozas.

Estaremos na Pr. de San Domingos, na beirarrúa do convento, todo o día dende as 10 ata ás 21 h. E alí
mostraremos o noso traballo, o que facemos todo o ano, e teremos actividades; Francisco de Taboada cos
seus cantares de cego, o grupo de rock galego Ith, apresentación musicada do libro “Poemario
Independencia”... Haberá un obradoiro de baile, obradoiros para nenas e nenos, debates, humor... todo o
que ven no cartaz adxunto. Haberá tamén unha ruada en bicicleta para reivindicarmos o uso deste
vehículo no noso Lugo no que pode participar calquera persoa que traia a súa bici.
Estar nesta Praza ten un significado de memoria porque este foi un dos emprazamentos do Sanfroilán nos
anos 60.

Damos a benvida a toda a xente forasteira; persoas convidadas, feirantes, vendedores e vendedoras con ou
sen manta, ás das barracas.
VIVA O SANFROILAN!!