Noticias de Hoy
1-San-Froilan-Lugo-2022
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 04/10/2022 a 12/10/2022
Horario: 01:00 a 01:00

San Froilán 2022

A concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Maite Ferreiro, anunciou que a comisión de festas aprobou por unanimidade que a xornalista Esther Eiros sexa a pregoeira desta edición das festas, mentres que a poeta Olga Novo será a oferente a Rosalía.

A concelleira de Cultura anunciou tamén os dous primeiros concertos do San Froilán 2022, confirmando a Treixadura dentro da xira do 30 aniversario da formación, Camiño Longo, que estará na praza Horta do Seminario o 12 de outubro ás 22 horas. Ademais, Ferreiro confirmou o show Un país para escucharlo, a cargo de Ariel Rot e Kiko Veneno, que terá lugar o 11 de outubro tamén ás 22.00.

O escenario da praza Horta do Seminario acollerá os concertos de Zahara o vindeiro 5 de outubro e de Muchachito Bombo Infierno o día 7, ambos ás 22.00 horas.

Tamén Seun Kuti & Egypt 80, co seu espectáculo Love and revolution tour, que abrirán as festas o 4 de outubro, Amparanoia, que se achegará a Lugo o día 9 dentro da súa xira polo 30º aniversario da banda.

As novas confirmacións son Dvicio, que chega coa súa nova xira El Laberinto,  e encherá a praza Horta do Seminario o 8 de outubro, e Rocío Márquez & Bronquio, que estará na praza de Santa María o 11 de outubro. Anni B Sweet y Los Estanques, animará a praza Horta do Seminario o sábado 8, e Dakidarría, co seu novo disco Colaxe, que estarán na praza de Santa María o venres 7.

A portuguesa Ana Bacalhau e a barcelonesa Andrea Motis forman parte da nova tanda de confirmacións para a gran festa do outono galego.

 

PROGRAMACIÓN

  • DÍA 4 - Seun Kuti & Egypt 80 na praza Horta do Seminario.
  • DÍA 4 - Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Margarida Mariño e Cántigas e frores ás 21.00 na praza de Santa María
  • DÍA 4 - Dani Nel.lo & Barcelona Big Blues Band ás 23.00 na praza de Santa María
  • DÍA 5 - TROVEROS DE ASIETA ás 21.00 horas na praza Santa María.
  • DÍA 5 - Zahara ás 22.00 horas na praza Santa María.
  • DÍA 6 - Ana Bacalhau ás 21.00 horas na praza Santa María.
  • DÍA 6 - YIN YIN ás 23.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 7 - Espazo Hop Hop ás 17.00 horas praza da Mosqueira
  • DÍA 7 - Andrea Motis ás 21.00 horas na praza Santa María.
  • DÍA 7 - Muchachito Bombo Infierno ás 22.00 horas na praza Santa María.
  • DÍA 7 -Dakidarría ás 23.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 8 - Sanfroidance ás 18.00 e rematando ás 02.00
  • DÍA 8 - Anni B Sweet y Los Estanques ás 21.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 8 - Dvicio ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario.
  • DÍA 8 - Joe Crepúsculo ás 23.00 horas na praza de Santa María
  • DÍA 9 - Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu ás 21.00 horas na praza de Santa María
  • DÍA 9 - Amparanoia ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario.
  • DÍA 11 - Rocío Marquez & Bronquio ás 21.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 11 - Ariel Rot e Kiko Veneno ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario.
  • DÍA 12 - Treixadura ás 22.00 horas na praza Horta do Seminario.
  • DÍA 10 - Xoan Curiel ás 21.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 11 - No Reply ás 23.00 horas na praza de Santa María.
  • DÍA 12 - Joan Miquel Oliver ás 21.00 horas na a praza de Santa María.

 

Esther Eiros, pregoeira do San Froilán 2022.

A xornalista Esther Eiros (Bretoña, 1946) comezou a súa actividade no ano 1970, presentando diversos programas na Radio Miramar. No 75 desprazouse a París, onde traballou como autónoma, e no 78 estableceuse en Madrid, adicándose á información política nos informativos da Radio Miramar. Entre o 81 e o 90 dirixiu diversos programas en Radio 5 e Radio Cadena Española. Desde o 1993 ata a actualidade, dirixe o programa Gente Viajera de Onda Cero, programa co que gañou a medalla de Turismo da Generalitat de Catalunya en 1992, o premio ONETE de Información Turística no 1997 e o premio APEI-PRTV da Asociación Española de Prensa, Radio e Televisión no 1998. Posúe tamén dúas Antenas de Ouro e gañou nos anos 2004 e 2006 o Micrófono de Ouro.

Olga Novo, oferente a Rosalía.

A poeta da Pobra de Brollón é licenciada en Filoloxía Galega pola USC. A súa carreira literaria comezou no 1996 coa publicación do seu primeiro poemario, A teta sobre o sol.

Durante a súa carreira, publicou 5 poemarios e conta tamén con 5 ensaios publicados nos que analiza distintas facetas da literatura galega, ademais, colaborou en 16 obras colectivas con outras poetas.

A obra de Olga Novo foi recoñecida co premio Losada Diéguez de literatura no 1998, o premio Ánxel Fole de investigación no 2004, ano no que foi recoñecida tamén polo Patronato da Cultura Galega de Montevideo, ao adicarlle esta asociación o Día da Poesía. Novo foi recoñecida tamén co premio da Crítica da poesía galega no 2011 e no 2019, o premio de Historia Medieval de Galiza e Portugal no 2012, e no 2020 foi recoñecida co Premio Nacional de Poesía outorgado polo ministerio de Cultura.

Treixadura.

Treixadura celebra no ano 2022 o seu 30º Aniversario presentando un novo disco, e o mellor xeito de festexalo é con todo o seu público; tódolos miles de seguidores que ao longo destas tres décadas os acompañaron de xeito incondicional. O grupo de gaiteiros que formaron Treixadura no 1990 poden ver, 32 anos despois, como o seu proxecto de música tradicional chegou a converterse nunha auténtica institución na Galiza.

Dende 1990 Treixadura constitúe un espectáculo musical sorprendente. A música tradicional observada desde dúas concepcións ben arraigadas: o canto e a gaita.

Un país para escucharlo, de Ariel Rot e Kiko Veneno.

Ariel Rot e Kiko Veleno aliáronse nun singular desafío: levar o espírito dese programa aos escenarios, coa mesma vocación plural, exploradora, que tende pontes entre xéneros e xeracións para crear sintonías entre os músicos e descubrir novos talentos ao público.

Os shows nos que Ariel e Kiko presentan este espectáculo serán sempre diferentes: en cada cidade, en cada praza, en cada pobo, os invitados serán outros. Soarán, por suposto, versións dos grandes clásicos dos dous protagonistas, pero tamén haberá espazo para os grupos e artistas emerxentes locais, que se integrarán no espectáculo, convidados sorpresa e tempo para compartir coas público anécdotas, historias e relatos sobre as vivencias dos músicos.

Seun Kuti & Egypt 80.

Seun Kuti é o fillo menor do pioneiro do Afrobeat Fela Kuti. Pasou a maior parte da súa vida preservando e extendendo o legado político e musical do seu pai como o líder da súa antiga banda Egypt 80. Kuti naceu a principios do 1983. Mostrou interese pola música de seu pai dende os cinco anos e aos nove empezou a abrir os espectáculos de Fela, cantando un selecto grupo de cancións con Egypt 80 antes de que seu pai subira ao escenario. 

O seus shows sempre foron unha mistura das melodías de seu pai e as súas propias. No camiño, Seun comezou a agregar o seu propio toque á música, profundizando en varias tradicións africanas para reflexar as loitas e culturas do continente. 

Amparanoia.

No ano 1997, no barrio madrileño de Lavapiés, unha xove Amparo Sánchez atopou a músicos de diferentes nacionalidades e deu forma á idea de mistura musical para lanzar as súas poderosas mensaxes que xa viñan soando por salas de concertos e tabernas do centro de Madrid. Ao longo do 2022 Amparanoia está de xira, cunha banda maioritariamente feminina, un directo arrollador e unha sucesión de grandes éxitos para festexar o seu 25º aniversario.

Zahara.

Zahara achegarase a Lugo para presentar o seu espectáculo La puta rave. Logo de interpretar o seu último disco PUTA durante todo o 2021 e o inicio do 2022, Zahara presenta un novo show completamente electrónico. O corazón da proposta está no tecno, onde as cancións de Zahara mestúranse nunha aposta radical polas máquinas. Zahara estará acompañada por Martí Perarnau IV, Manuel Cabezalí e as bailarinas Olga Suárez e Paulina Coelho cunha posta en escena inspirada nas raves londinenses e berlinesas ás que Zahara asistiu nos últimos anos.

Muchachitoo Bombo Inferno.

A agrupación catalana Muchachito Bombo Infierno, liderada por Jairo Perera chega a Lugo cunha formación ao estilo Marching Band. Un show enérxico onde o repertorio de Muchachito Bombo Infierno mostra novos arranxos cunha potente selección de metais, percusión e coa guitarra de Muchachito. A agrupación comeza a súa andadura no 2004, e conta con colaboracións con artistas como Fito & Fitipaldis ou Albert Pla. No 2021 gravaron o tema principal da película El Club del Paro de David Marqués.

DVICIO.

DVICIO xira El Laberinto. Esta xira pasou por Madrid, Barcelona e ata seis cidades de México, Venezuela, Colombia e Ecuador.Estreado o 29 de abril, El laberinto é o cuarto álbum do grupo madrileño, un traballo sen colaboracións, con máis armonías que ningún outro e no que profundizan na súa propia identidade. Trátase dun traballo emocionante e particular, no que bucean nas súas esencias para asentar a súa personalidade como grupo, sen perder a fascinante mistura de entusiasmo e bo pop que lles caracteriza.

Rocío Marquez & Bronquio.

Encumbrada pola prensa como “la voz de la nueva generación del cante jondo”, Rocío Márquez (Huelva, 1985) leva máis dunha década labrando unha sólida carreira artística que hoxe desborda o panorama flamenco, onde xa é un claro referente e figura consolidada. A súa personalidade inqueda e a súa enorme curiosidade quedan patentes na súa discografía, que de xeito transversal móstranos tanto amor pola tradición flamenca como imperiosa necesidade de ensanchar os límites desa mesma tradición, explorando e experimentando con melodías, instrumentación, arranxos e letras.

Anni B Sweet y Los Estanques.

O novo tándem LOS ESTANQUES y ANNI B SWEET publicou o seu primeiro álbum conxunto, baixo o suxerente -e moi surrealista- título “Burbuja cómoda y elefante inesperado” (27/05/22), co tema “Caballitos de mar” como focus track. Composto por Anni B Sweet e Iñigo Bregel.

Dakidarría. 

Tras 18 anos dende a súa formación e unha bagaxe máis que interesante de discos e concertos podemos etiquetar a Dakidarría como unha banda histórica no panorama galego e estatal. Alcanzan a maioría de idade mentres ultiman o lanzamento do seu sexto disco de estudo «Colaxe», sendo a banda referencia da música contestataria galega.

Ana Bacalhau.

Ana Bacalhau naceu no 1978. Ela quería ser profesora de portugués e inglés pero as leccións de guitarra levárona a descubrir a sua voz e unhas ganas de facer música que nunca a abandoaron. A primera banda chamouse Lupanar. Naceu no 2001, dunha idea conxunta de Gonçalo Tocha e Dídio Pestana de facer música en portugués, explorando sons, palabras e xéneros musicais sen restriccións nin barreiras.

 Ana Bacaclhau debutou nun escenario en solitario en decembro do 2013, co proxecto 15, cantando algunhas das cancións que máis a marcaron dende os 15 anos. Agora cumple un desexo de fai moito tempo: lanzar o seu primeiro álbum en solitario. Nome Próprio co que está a xirar na actualidade.

Andrea Motis.

Andrea Motis é unha trompetista, saxofonista e cantante. Formouse musicalmente, a partir dos 7 anos, na Escola Municipal de Música de Sant Andreu, como trompetista primeiro e saxofonista despois. No 2007, con só 12 anos, comezou a colaborar co grupo de jazz Sant Andreu Jazz Band, dirixido polo profesor de música e músico Joan Chamorro quen a descubriu artisticamente e con quen gravou oito discos e tocou en directo con nomes da talla do trombonista Wycliffe Gordon, o saxofonista Jesse Davis, o clarinetista Bobby Gordon e o saxofonista Dick Oatts.

Chega a Lugo a presentar o seu novo proxecto, Loopholes, onde se aventuran os dominios do funk, neo soul, hip ho pe incluso achégase á cumbia colombiana coa súa persoal versión de El Pescador.

Espazo Hip Hop.

Este evento xurdiu para axudar a difundir o talento lucense e galego, e un ano máis apóstase por continuar na mesma liña, apostando polos distintos artistas autóctonos. En Galicia contamos co maior talento en producción deste xénero a nivel nacional, e somos referencia neste eido a nivel internacional, con esta proposta búscase un espectáculo que combine distintas disciplinas para xerar un espectáculo único.

Unha das actividades a desenvolver dentro deste espazo son as Batalla de Galos, eventos basados na capacidade de improvisación sobre unha base instrumental aleatoria na que se argumenta de forma versada que gozan de moita popularidade. Un total de 16 participantes e un DJ, con distintas modalidades e temáticas de estímulos para os participantes.

Tamén haberá actuación de baile e graffiti. Contarase coa actuación dun grupo da escola de Stardance, axudando así a promoción da cultura e do arte local. A actuación consistirá na realización de un baile cun grupo de graffiti realizando unha obra en directo. A actuación de baile e o graffiti comezarán e rematarán a mesma vez. A temática do graffiti será o San Froilán e a música urbana.

Dentro de este espazo de Hip Hop tamén haberá concertos contando así coa actuación de Israel B e Lowlight  que son unha das referencias dentro da música urbana a nivel nacional e internacional e conta cunha popularidade desmesurada a nivel nacional desde que formou parte do grupo ”Takers” ata independizarse musicalmente. Tamén estarán dentro desta serie de concertos YNGZ, O Pirata, Carisma e MKP Crew.

Sanfriodance.

O Sanfroidance terá lugar o sábado día 8 de outubro dando comezo ás 18.00 e rematando ás 02.00. Este ano contará coas actuacións dos seguintes artistas  Selecta Bob Figurante (Syricly Roots – Portugal), Kussondulola Som Sistema (Reggae – Portugal), Esteban Perez (Freestyle music – Tenerife),  Chacho Brodas (Dj Griffi Solo los Solo + Mbaka Oko + Juli Giuliani) (Hip Hop – Cataluña), Opolopo (Funky House – Hungría), Ki-Art (Visuales – Lugo).

Joe Crepúsculo

As cancións de Joe son pílulas para a alma e os pes. A electrónica que elaborou xunto a Aaron Rux é un agasallo para a historia cultural do século XXI: antropoloxía dance. Este dúo musical despregará un catálogo irrefutable de xoias para a pista de baile na que convertirán á Praza de Santa María. Unha amalgama exquisita para o ouvído, o corpo e a celebración colectiva.

Orquestra Folk de Galicia SonDeSeu

O grupo nace hai dúas décadas no seo do extinto Conservatorio de Música Tradicional da Universidade Popular de Vigo, a actual ETRAD. A agrupación explora a fusión e mestura das músicas de creación colectiva con elementos contemporáneos desde unha visión orixinal que se aproxima, ás veces, ás expresións da música culta. Ao tempo, desde a perspectiva educativa, crea sinerxías poderosas e un entramado completo tanto á hora formativa como á hora de presentar un colectivo sólido e pioneiro en Europa.

Xabier Díaz & Adufeiras de Salitre, Margarida Mariño e Cántigas e frores

Entre o 2005 e o 2009 participou en varios espectáculos de Nova Galega de Danza. Logo chegou Berrogüetto cunha viaxe que durou  até 2014, ano no que se anunciaba a disolución da banda. Esta unión obtivo como froitos dous discos e o Premio de la Academia de la Música á mellor canción en galego (2011) e o de mellor grupo de música folk na primeira edición dos Premios Galegos da Música Martín Códax (2013), así como o galardón á mellor banda sonora nos Premios Mestre Mateo (2014) coa película Inevitable.

Dani Nel.lo & Barcelona Big Blues Band

A Barcelona Big Blues Band, baixo a dirección do contrabaixo Ivan Kovacevic, conxuga un grupo de bos músicos que crean un son enérxico, salvaxe e sofisticado aun tempo. Grazas aos seus arranxos, Kovacevic aplícalle á Big Band toda a súa experiencia e criterio que foi adquirindo en pequenos combos. O resultado, que poderemos desfrutar en Lugo, é un torrente sonoro na tradición de bandas como as de T-Bone Walker ou Johnny Otis.

Xoan Curiel. 

Xoan Curiel, natural da Fonsagrada, é un artista que destaca pola súa creatividade e prolífica obra dentro do panorama musical galego. Cantante, compositor, músico, actor e director, desenvolve a súa carreira en Santiago de Compostela dende hai vinte anos. Curiel experimenta disco tras disco con novas sonoridades, core se ritmos. Como artista independente ten por bandeira a liberdade creativa e a evolución constante na artesanía do seu labor.

NO REPLY. 

No Reply comeza a súa andaina no ano 2002. A súa carta de presentación son os ritmos máis bailables que deixou a música negra na súa mellor época. Dende o swing ate o ska, pasando polo reggae ou o dixieland, a banda basa os seus concertos nunha festa de estilos sazonada de elegancia musical nos que ninguén pode deixar de bailar. Teñen un estilo de música divertido e desenfadado, pero ao mesmo tempo traballado, elegante e acompañado dun espectáculo visual moi coidado. Ao longo da súa carreira, a banda madrileña recibiu numerosos premios, e tocou nas millores salas e festivais do estado, compartindo escenario con bandas de renome internacional.

Joan Miquel Oliver.

Joan Miquel Oliver Ripoll (Sóller, 1974) é un guitarrista, cantante e escritor mallorquín. Comezou a sua carreira musical como integrante dos grupos de rock català “Fora des Sembrat” e “La Fosca”. Posteriormente inaugurou a súa labor de compositor, letrista e guitarrista do grupo de pop mallorquín Antònia Font, banda ínclita e inigualable, desde a que se estableceu como unha das figuras prominentes do panorama da illa e do estado. Antònia Font conseguiu unha cousa impensable e case sen precedentes: que os “forasteiros” escoitaran música cantada en catalá.

 

San Froilan Lugo 2022