Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 19/05/2018
Horario: 17:30 a 17:30

Retrete Cabarete en Lugo

Retrete Cabarete en Lugo.

“Retrete Cabarete” chega por primeira vez a Lugo despois de ter percorrido máis de 10 países. É un espectáculo que nunca dorme. Cambia a cada pouco. Un número entra e outro sae... A escenografía muda case en cada función. Danza, música, obxectos... Neste espectáculo mutante, a compañía El Retrete de Dorian Gray presenta os seus clásicos números curtos xunto con outros novos. Dez anos de experimentación condensados en 50 minutos sen palabras.

Reparto: Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido
Dirección e creación: El Retrete de Dorian Gray
Vestuario: La Canalla
Luces: Antonio 4Caminos

O OBRADOIRO
Antes das funcións do sábado e do domingo pola mañá, os membros da compañía impartirán un obradoiro de manipulación de 2h de duración “Dando vida a un globo”.

O obradoiro vai dirixido a adultos e maiores de 10 anos, pero tamén poderán participar cativas e cativos a partir de 6 anos acompañados un adulto.

Para participar no obradoiro é necesario inscribirse antes do 18 de maio enviando correo a: hipocritateatro@gmail.com

DATAS E HORARIOS:
Sábado 19
Función: 18:30h ; Obradoiro: 16:30h
Domingo 20
Funcións: 12:30 e 17h; Obradoiro: 10:30h
PREZOS:
FUNCIÓN: 8 € adultos ; 5 € nen@s menores de 13 anos
OBRADOIRO + FUNCIÓN: Adultos 15 € ; nen@s (> 6anos) + adulto 25€