Noticias de Hoy
De abrentes e ocasos_0
Fecha: 27/11/2020
Horario: 20:30 a 20:30

Recital poético musical

De Abrentes e ocasos. 27 de noviembre

Baixo o título De abrentes e ocasos, Teatro do Atlántico presenta un recital dramático de poesía galega contemporánea, escolleita e trabada segundo o motivo fundamental da reivindicación da língua, da súa riqueza e da súa capacidade para a expresión tanto dos grandes problemas da condición humana como das esixencias e inquedanzas da actualidade.

Será o 27 de novembro a partir das 20.30 horas no Círculo das Artes.

Dramaturxia e dirección: Xulio Lago

Textos de Uxío Novoneyra, María Victoria Moreno, Marta Dacosta, O. Khayyam/Plácido Castro, Ricardo Carballo Calero, Eduard Velasco, Fiz Vergara Vilariño, Olalla Cociña, Emma Pedreira, Salvador García Bodaño, Manolo Rivas, Pilar Pallarés, Luisa Villalta, Sophia de Melo, Inma L. Silva, Eduardo Blanco Amor, Xúlio L. Valcárcel, Antía Otero, Miguel Anxo Fernán Vello, Xosé Luís Méndez Ferrín, Eva Veiga, Antón Avilés de Taramancos, Xosé M!. Álvarez Cáccamo, e Álvaro Cunqueiro.

Intérpretes: María Barcala, Aleixandre Lago e Xúlio Lago

Música en directo: Nani García