Noticias de Hoy
quedadamotera
Fecha: 30/09/2018
Horario: 01:00 a 01:00

Quedada motera previa al San Froilán

O domingo, 30 de setembro, a partir das 11:00 horas celebrarase unha quedada motera previa ao San Froilán. Contempla unha ruta, un percorrido turístico ao redor da Muralla, unha ofrenda floral en homenaxe aos moteiros de Lugo e un xantar de confraternidade

Celebrarase en homenaxe a todos os moteiros lugueses, dende López Mella, os irmáns Minuto ou Iván Torres, e tamén aos que a día de hoxe levan o nome de Lugo ao máis alto, como Jorge Prado.

As actividades arrincarán ás 11:00 horas, na Praza de Augas Férreas. Contempla unha ruta en moto, un percorrido turístico ao redor da Muralla, unha ofrenda floral e un xantar de confraternidadade, con música en directo, na zona da Milagrosa. Para participar é preciso comprar os tickets de xeito anticipado, ao prezo de 20 euros, en todos os locais que aparecen no cartel do evento.