Proxección do filme SEDUCIDOS Y ABANDONADOS
O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme "Seducidos y Abandonados" de James Toback.
Orson Welles recoñecía pasar o 95 por cento do tempo intentando conseguir diñeiro para unha película e só o 5 por cento facéndoa. Con este punto de partida, o director James Toback e o actor Alec Baldwin mostran, durante o Festival de Cannes de 2012, as dificultades económicas para sacar adiante un proxecto cinematográfico, filmando a súa propia experiencia tratando de conseguir o financiamento necesario. Unha busca que lles serve para reflexionar sobre o cine, a súa industria, o glamour, e mesmo sobre a vida e a morte. Mentras asistimos aos seus encontros cos magnates dos estudios para conseguir financiación, estrelas do cine e célebres directores darán a coñecer a trastenda do mundo do celuloide e as súas propias anécdotas e experiencias.