Programación MUSICAD 2017 de Lugo

Fecha 4-03-2017 a 25-03-2017
Lugar
1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×

Programación MUSICAD 2017 de Lugo.

A Deputación ten posto en marcha o MusicAD, a nova programación musical​ ​totalmente gratuíta​,​​ que ​achega 5 actuacións de música á Capela de Santa María dende o 4 ata o 25 de marzo.​ ​

Todos os concertos terán lugar na Sala de exposicións da Capela de Santa María ás 20:30 horas. As entradas totalmente gratuítas, poderanse recoller na propia Capela de Santa María.

Sábado 4 de marzo de 2017

A violonchelista lucense Rosa Cedrón interpretará o seu traballo Nada que perder. Entre dous mares supuxo unha dose de aire fresco nunha atmosfera musical viciada por un alongado encerro en si mesma. Eloxiado por crítica e público, conseguiu o recoñecemento de Rosa Cedrón, por méritos propios, nunha nova artista para ter en conta no eido do folk e da world music a nivel mundial. Isto levouna a xirar por toda España e a tocar en cidades como Nova York, Toulouse ou Bos Aires. En Nada que perder experimenta cos lindes da world music sen clixés nin estereotipos que a deteñan, logrando un disco cheo de luz onde as súas propias composicións son a mellor mostra da atmosfera persoalísima que só Rosa pode chegar a crear.

Mércores 8 de marzo de 2017

Actuará o grupo Batuko Tabanka. Este conxunto de doce mulleres de Cabo Verde, afincadas en Burela, baten con furia e alegría sobre un pano pregado que colocan entre as pernas: o batuko. Tabanka é unha asociación que se fundou co obxectivo de dignificar a cultura caboverdiana, lembrar a procedencia da nai África en todos os expoñentes culturais posíbeis e a súa música é algún dos múltiples presentes que nos brindan estas polifacéticas mulleres.

Sábado 11 de marzo de 2017

Actuará o compositor Xosé Manuel Budiño, un artista atípico que esperta admiración entre os seus, un creador fascinante que enraíza a súa música na tradición galega mesturada sutilmente cos sons máis contemporáneos, un músico co seu “sotaque”. As súas creacións, os seus espectáculos en directo son recoñecidos mundialmente pola crítica especializada e afianzados con premios de prestixio entre a profesión.

Sábado 18 de marzo de 2017

Actuará o grupo galés Alaw, composto por Dylan Fowler, Oli Wilson-Dickson e Jamie Smith, que realizarán unha viaxe musical a través da India, Bulgaria é sobre todo das cancións galesas. Desde a elegancia ao virtuosismo, Alaw reflicte unha empatía que vén de moitos anos de traballo conxunto. Dylan e Oliver tocaron xuntos en Szapora e na orquestra Ian McMillan.

Sábado 25 de marzo de 2017

Davide Salvado e Pedro Pascual interpretarán Lobos, o seu último traballo. Davide Salvado é, sen dúbida, unha das voces máis carismáticas do noso país. De formación autodidacta, leva media vida percorrendo as aldeas na procura de ritmos, coplas e danzas. De todas esas mulleres que se foi atopando, aprendeu non só a tradición na música, senón todo un xeito de vivir. Pedro Pascual (acordeón e cordas) é o produtor do último disco de Davide, Lobos. Na actualidade toca no grupo Talabarte e ten una ampla traxectoria en bandas tan coñecidas como Marful.

Publicidad

1 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 1 LinkedIn 0 1 Flares ×