Programación Andainas do Camiño Primitivo 2018 en Lugo

Fecha 7-07-2018 a 14-09-2018
Lugar
0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×

Programación Andainas do Camiño Primitivo 2018 en Lugo.

A Concelleira de Cultura, Turismo, Xuventude e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, presentou este martes, na Sala de Usos Múltiples do Edificio de Novas

Tecnoloxías, a nova programación de andainas gratuítas que organiza o Concello ao longo do verán para descubrir as historias que agocha o Camiño Primitivo, Pasos con historia.

Tal e como explicou a edil, trátase de 8 percorridos ao longo do Camiño Primitivo, catro deles no mes de xullo, os días 7, 12, 19 e 28; e outros catro en agosto, os días 4, 9, 16 e 25. Son, polo tanto, dous xoves e dous sábados de cada mes, con saída ás 10:00 horas, dende a marquesiña da rúa Alcalde Anxo López Pérez os sábados, -onde un autobús trasladará ás persoas participantes a Soutomeirille ou á Ponte Romana-, e ás 18:30 horas os xoves, dende a Chanca, onde as persoas particpantes irán acompañadas por un xograr que contará historias asociadas a esta vía de peregrinación e música antiga. O punto de chegada será a Praza do Campo ou San Román da Retorta, dependendo da ruta elixida.

Outra das alternativas son os paseos De Tapas polo Camiño Primitivo ao seu paso pola cidade, unhas excursións cuxa inscrición é de balde, coa posibilidade de tapear durante a andaina nos distintos establecementos. Terán lugar os días 6 e 13 de xullo, 10 e 17 de agosto e 7 e 14 de setembro -todos venres-, con saída dende a Chanca, Campo Castelo ata Tinería -os días 6, 10 e 7-, e as outras con saída dende a Tinería ata a Ponte Romana.

Para participar en calquera das dúas alternativas culturais é preciso inscribirse na Oficina Municipal de Turismo, na Praza do Campo, ou ben a través do teléfono 982- 251-658.

Publicidad

0 Flares Facebook 0 Twitter 0 Google+ 0 Pin It Share 0 LinkedIn 0 0 Flares ×