Noticias de Hoy
Elias Portela
Fecha: 25/09/2015
Horario: 20:30 a 20:30

Presentación - Recital: Bazar de Traidores, de Elías Portela

ELÍAS PORTELA (Cangas do Morrazo, 1981).

É poeta e tradutor en galego e islandés. Os seus primeiros proxectos en islandés desenvolvéronse baixo a personalidade de Elías Knörr, a modo de autor creacionista. Con este pseudónimo medieval foi escollido como un dos tres poetas máis representativos da lírica islandesa actual, na centésima edición da Poetry Review de Reino Unido. En galego ven de recibir o Premio Afundación de Poesía 2014 por Bazar de Traidores. En 2010 obtivo o premio Xohán de Cangas e, en 2011, o segundo posto no XII Premio de Poesía Díaz Jácome para novos autores. A sua obra O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido foi finalista do Premio Anxel Casal ao mellor libro de poesía de 2011, organizado pola Asociación Galega de Editores.

É autor de: Cos Peitos Desenchufados (Barbantesa, 2010), Sjóarinn með Morgunhestana undir Kjólnum (Stella 2010), en islandés, traducido ao galego como O mariñeiro con cabalos matutinos baixo o vestido (Barbantesa, 2011), Imaxes na Pel (Morgante, 2009), e agora este Bazar de traidores (Centro PEN Galicia, Col. Arte de Trobar, 2015). Participou tamén en diversas antoloxías.

Ten traducido do islandés a obra de destacados autores como Sjón, Auður Ava, Kristín Ómarsdóttir ou Einar Már Guðmundsson, e algúns textos medievais. A súa obra baséase nas posibilidades das palabras e na busca dunha inspiración completamente externa ao autor. Adapta nos seus textos imaxes e conceptos poéticos doutros idiomas, entre eles unha lingua artificial propia: Lwyma.

O carácter performático e musical dos seus recitais veleulle a participación en festivais como „SOUNDOUT: New Ways of Presenting Literature“ de Lettrétage en Berlín (2014) ou o „Vociferio: Festival de poesía escénica“ en Valencia (2013).

O seu traballo ten gozado de grande popularidade nos medios de comunicación, chegando incluso a ser reseñado pola plataforma oficial MarcaEspaña.es, aínda que esencialmente é un poeta en galego e islandés.