Noticias de Hoy
Os fillos do lume
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 20/10/2017
Horario: 20:30 a 20:30

Presentación en Lugo: Os fillos do lume, de Pedro Feijoo

Presentación en Lugo: Os fillos do lume, de Pedro Feijoo.

  • Data: venres 20 de outubro.
  • Hora: 19.30
  • Lugar: Librería Trama

Este venres, 20 de outubro de 2017, ás 19,30 horas, contaremos coa presenza de Pedro Feijoo para presentarnos Os fillos do lume, editado por Edicións Xerais. Neste acto o autor estará acompañado por Manuel Bragado.

Deixámosvos aquí a sinopse para ir abrindo boca:

Poucas cousas cambian a vida dunha persoa. Presenciar un asasinato é unha delas. A Porta do Sol é unha festa. Risos, barullo. Na praza ateigada de xente só uns poucos saben o que está a piques de acontecer. E, aínda así, ningún dos asistentes esquecerá xamais esta tarde de domingo. Un disparo camuflado no rebumbio, o alcalde botando a man ao peito antes de caer. Aí está o comezo dunha investigación que nos levará dous séculos atrás, perseguindo as sombras do barrio vello, escoitando os silencios dunha cidade chea de preguntas incómodas, rúas de sinais esquecidos e imaxes que non son o que aparentan. Os mellores segredos sempre son os que se ocultan aí, nese lugar á vista de todos.Regresan os personaxes de "Os fillos do mar", a novela que deu a coñecer a Pedro Feijoo, para enfrontarse a unha das intrigas mellor protexidas na historia da cidade de Vigo: a da súa fundación.