Noticias de Hoy
Localidad: Lugo (Concello)
Fecha: 15/02/2019
Horario: 19:00 a 19:00

Presentación en Lugo: Ám@me

Presentación en Lugo: Ám@me.

Este venres 15 de febreiro ás 19:00h, xusto despois da xuntanza do nos club de lectura, terá lugar na libraría Trama de Lugo a presentación de ám@me, o ensaio que asinan Chis Oliveira e Amada Traba Díaz. Esta obra esfoi editada pola Editorial Galaxia.

Acompañando ás autoras estarán Carmen Blanco e Carmen Díaz Simón.

Ám@me é un libro que aborda da man de dúas das expertas que máis e mellor teñen traballado en Galicia as cuestións da sexualidade e a educación emocional na mocidade no noso país, a necesidade de reflexionar arredor das relacións amorosas e a aprendizaxe do amor. Porque a amar apréndese. Mais cómpre tamén desaprender os modelos nocivos baseados nos mitos románticos, unha sexualidade condicionada pola pornografía e, en definitiva, polos modelos esmagadores do patriarcado, elementos todos aos que está exposta a nosa mocidade sen que poidan facer moito por evitalos. Chis Oliveira e Amada Traba deitan a súa ollada, dun xeito accesible e divulgativo, sobre a complexidade do amor nestes tempos onde todo cambia á velocidade da luz. Nestas páxinas atoparemos diseccionados, entre outros asuntos, o amor romántico, o concepto de “normalidade” no que ao sexo e o amor se refire, ou como o patriarcado constrúe o xénero e a idea do amor… non quedan fóra as cuestións, importantísimas, das identidades sexuais (feminidade, masculinidade, trans e inter), as redes sociais ou a violencia no contorno da parella. Un libro pois, para pensar o amor e para aprender a des-pensalo, animándonos a ensaiar modelos máis amplos e enriquecedores.

Oliveira Malvar, Chis
é catedrática de Filosofía. Doutórase coa tese A educación afectivo sexual na adolescencia. Leva máis de trinta anos traballando estes temas con adolescentes e na formación do profesorado e do persoal sanitario. Foi presidenta da ONG de dereitos sexuais Federación de Planificación Familiar Estatal FPFE. Autora de numerosas publicacións sobre a materia, actualmente coordina o Comando Igualdade.

Traba Díaz, Amada
é licenciada en Ciencia Políticas e Socioloxía. Profesora da UVigo na materia de Socioloxía da Educación. Dende hai vinte anos participa en numerosas actividades de divulgación, formación, investigación e asesoramento no campo da socioloxía do xénero, nomeadamente nas que aplican a perspectiva de xénero á educación. Máis aló desa ocupación, publicou "A representación feminina no arquivo Pacheco" (2010)